Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: als:Tauchen; cambios estética
Liña 36:
* Estanca, de xeito que o faldrón se axuste perfecta e comodamente ao perfil da cara.
 
* Tubo respirador ou snorkel. Permite respirar coa cabeza metida na auga, pero sen abandonar a superficie,
 
==== Traxe de mergullo ====
A súa comisión é protexer ao mergullador da [[hipotermia]]. O illamento térmico da pel non está adaptado ao medio acuático, debido a que a calor específica da auga é superior ao do aire, o corpo en inmersión perde calor moito máis rápido que no aire. En augas por debaixo dos 27  °C é recomendable estar illado térmicamente, temperaturas menores 22  °C fan necesario estalo e con 15  °C ou menos é indispensable un bo illamento térmico.
 
Existen tres tipos básicos de traxes de illamento: os traxes húmidos, os traxes semi secos e os traxes secos ou estancos. Os primeiros xeralmente son traxes confeccionados en materiais escumosos e resistentes (como o [[neopreno]]), que conforman unha capa de illamento entre o medio e a pel, pero non son estancos. A súa eficiencia depende do canto da escuma e do axustamento ao corpo, o segundo tipo de traxe é como o primeiro pero con reforzos de estanqueidade en puños, nocellos, pescozo e unha cremalleira que diminúe a entrada de auga entre o traxe e a pel Como o seu nome indíca, os traxes secos manteñen o corpo por fóra do contacto coa auga, limitando considerabelmente a perda de temperatura; ademais poden combinarse con roupa interior térmica. Os traxes secos requiren un pouco máis de coidado no seu uso.
Liña 92:
[[Ficheiro:DivingKnife.jpg|thumb|right|Coitelo]]
 
* Coitelo: por lei é necesario para mergullarse en moitos países. Permite cortar cabos ou redes que puidesen molestar ao buceador.
* Lanterna ou foco: nas inmersiones diúrnas axudan a ver covas nas rochas ou zonas con pouca luz. Nas inmersións nocturnas, evidentemente, son imprescindibles. As lanternas adoitan ser de menor potencia e a pilas, mentres que os focos adoitan ser de maior potencia e con batería recargable.
* Carrete: contén un cabo de gran lonxitude que permite ao buceador orientarse ao seguilo.
* Compás: moi útil para orientarse baixo a auga.
* Cyalume ou luz química: átanse á botella ou ao BCD durante inmersións nocturnas.
* Lousa subacuática: permite a comunicación escrita ou gráfica baixo a auga.
* Asouxere, maraca ou bocina: permiten avisar mediante sinais acústicas a un buceador próximo.
* Boia inflable: pódese inflar co aire comprimido da botella, serve para marcar unha posición, ou como axuda para sacar obxectos pesados da auga.
 
== Fundamentos do mergullo ==
Liña 208:
Isto, ligado á arquitectura anatómica, permiten definir tres "compartimentos" básicos a ter en conta:
 
* Caixas ríxidas determinadas polo sistema esquelético: a caixa craneana (importante por conter cavidades en fase gaseosa -seos nasais, frontais e parafrontais; e parcialmente os condutos auditivos-) e a caixa torácica (que contén os [[pulmón|pulmóns]]s e o [[corazón]]).
 
* As vísceras abdominais: separadas da caixa torácica polo [[diafragma, anatomía|diafragma]], pero con tecidos moi elásticos e deformables.
 
* A masa sanguínea: en fase líquida, irrigando todo o corpo a través de vasos, pero con volumes considerables no corazón e nos órganos moi vascularizados (pulmóns e [[sistema nervioso]]).
 
==== Os ''reflexos de inmersión'' no home ====
Liña 219:
O home é un ser esencialmente terrestre e polo tanto a súa fisioloxía esta completamente adaptada a este tipo de vida. Como súas coterraneos animais, a [[fisioloxía]] humana herdou unha serie de mecanismos de resposta fisiolóxica e sistémica (non voluntaria) á situación de inmersión. Estas respostas denomínanse "reflexos de inmersión" e consisten en:
 
* Diminución do ritmo cardíaco: desencadeado polo aumento na presión arterial.
 
* Hipervolemia (aumento do volume de plasma sanguíneo), que é contrarrestado por un aumento na diuresis (segregación de urina).
 
==== Efectos da presión ====
Liña 250:
 
===== Toxicidade dos gases =====
* '''[[Hipercapnia]]''': aumento anormal da tensión de CO<sub>2</sub> no sangue (Tensión CO<sub>2</sub> > 40mbar), revelando os efectos tóxicos deste gas. Pode sobrevir no mergullo SCUBA, os mergulladores inexpertos tratan de diminuír a súa frecuencia respiratoria nun afán de "aforrar" aire da botella e en mergulladores profesionais, debido a un exercicio intenso durante a inmersión. Os síntomas son un malestar, angustia e ansiedade do mergullador, sensación de asfixia e respiración superficial; os cales se non son controlados polo mergullador, amplifican e agravan a hipercapnia chegando á síncope e a morte por afogamento; ademais o mergullador presa do pánico poden sufrir barotraumatismos ou accidentes de descompresión por un ascenso fóra de regra.
 
* '''Hiperoxia''': a partir de tensións tisulares superiores aos 0,5 bar, o osíxeno empeza a tomar un carácter tóxico que se consolida completamente cando a súa tensión tisular acada 1,7 bar. Baixo esas presións parciais o O<sub>2</sub> se disocia en radicais libres (peróxido de hidróxeno H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> e radicais hidróxilo ·OH) que inhiben a función celular a nivel da membrana. Este efecto sobre a membrana celular afecta especialmente o sistema nervioso (a membrana celular das neuronas e o seu delicado equilibrio de electrolitos e substancias mensaxeiras son a clave da transmisión dos impulsos nerviosos). Polo tanto, aínda que todos os tecidos se ven afectádevos por igual, o seu efecto neurotóxico é o que reviste maior gravidade. O sistema nervioso regula e controla a maioría das funcións vitais. A intoxicación por osíxeno produce convulsións, perda de coñecemento e pode levar ao conseguinte afogamento do mergullador. O risco de hiperoxia dita os límites de seguridade do mergullo autónomo con aire (-30 m profundidade máxima permitida, -20 m profundidade máxima recomendada). Estas profundidades son os límites teóricos, pero en realidade os efectos tóxicos do osíxeno poden encontrarse máis embaixo, pois o seu consumo polos tecidos diminúen considerabelmente a súa tensión.
 
* '''[[Narcose de nitróxeno]]''': aínda que o nitróxeno e outros gases inertes son quimicamente estables, baixo concentracións elevadas (léase presións parciais e tensións tisulares) producen efectos reversibles sobre o sistema nervioso. Estes efectos son en xeral similares aos debidos á intoxicación por alcohol ou ás substancias narcóticas e é por isto que reciben o nome de "narcosis". Cando a tensión tisular do N<sub>2</sub> >= 4bar, os efectos comezan a se manifestar; pero é moi variable dun individuo a outro. Son os mergulladores autónomos con aire os expostos a este tipo de efecto, podéndose dar casos moi por riba dos -30 m, dependendo do estado xeral do mergullador. Os síntomas típicos son a euforia, despreocupación, alteración da capacidade de raciocinio e de concentración, perda de memoria e desorientación. A perda da capacidade de xuízo e de orientación, típica deste fenómeno, pode facer incorrer ao buzo noutros accidentes e eventualmente incluso ao afogamento.
 
[[Categoría:Deportes]]
 
[[als:Tauchen]]
[[ang:Dȳfung]]
[[az:Dalğıclıq]]