Wikipedia:Monicreques: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 9:
Os wikipedistas aprecian o uso do [[consenso]] para tomar decisións e asumen que a maior parte da xente tenta axudar a Wikipedia. Os monicreques válense desta [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]] para conseguir os seus fins de desequilibrar un debate ou de evitar as sancións. Por este motivo na Wikipedia non se poden empregar monicreques e no suposto de que sexan utilizados tomaranse as medidas que cumpran para protexer a comunidade das súas accións, cun bloqueo da conta principal.
 
Ao ser usuarios experimentados, aínda que baixo unha máscara, os monicreques adoitan ter unha maior familiaridade coas normas e recursos da Wikipedia e cos seus procedementos de edición. Con cousas que, por exemplo, alguén que acaba de chegar podería descoñecerdescoñecería. Xa que logo, dende o comezo entrarán en [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edición]] e participarán nos debates e [[Wikipedia:Votacións|votacións]]. Tamén é moi posible que centren os seus obxectivos nun só artigo, e que reduzan as súas edicións a el. Non obstante, cómpre ter coidado e non sinalar rapidamente un usuario como monicreque sen apenas probas.
 
===Monicreques electorais===
Liña 25:
 
===Homes de palla===
Un tipo específico de monicreque é o que se coñece como homeshome de palla. A súa función é inmolarse nunha discusión presentando os peores argumentos posibles para que as posicións opostas defendidas polo seu operador acaben triunfando. As súas achegas adoitan ser pobres e doadamente rebatibles, amosan lagoas de información e a miúdo son agresivos e intolerantes. O seu efecto é confundir o debate e inclinar a balanza para un lado interesado.
 
===Monicreques de administradores===