Wikipedia:Monicreques: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m notas
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
{{EnResumo|A regra xeral é '''un editor, unha conta'''. Non se poden empregar múltiples contas para enganar ou despistar; para crear a ilusión dun maior apoio en relación a unha posición; para incitar controversias; ou para saltar un bloqueo. Non pida aos seus amigos que creen contas para darlle a razón.}}
{{Lista políticas}}
A norma na Wikipedia é que os editores que se [[Wikipedia:Como rexistrarse|rexistrasenrexistran]] só deberían empregar unha única conta. A acción de crear '''contas alternativas''', ou '''[[monicreque]]s''', pode levar a engano e despistar os editoresresto de colaboradores.
 
Aínda que non é frecuente, algúns [[Wikipedia:Wikipedistas|wikipedistas]] crean ás veces contas alternativas á súa conta principal, que é a que ten máis antigüidade e maior número de edicións. Porén, son moi poucos os casos en que deberían admitirse estas prácticas. En particular, non se poden usar contas alternativas para evitar o control, para confundir os demais, para facer edicións prexudiciais, para provocar polémicas ficticias ou para votar máis dunha vez un mesmo tema. O uso ilexítimo de contas alternativas debería desencadear unha acción de [[Wikipedia:Política de bloqueo|bloqueo]].