Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Monicreques»

Sem resumo de edição
 
==Marcaxe e tratamento de presuntos monicreques==
O proceso contra un presunto monicreque debe abrirse a través da páxina [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios]] explicando os motivos que se desprenden das dúas edicións. Débense bloquear os monicreques e os seus operadores, e tamén se deben marcar axeitadamente as súas páxinas de usuario e de conversa.
 
===Verificador de usuarios===
{{VT|Wikipedia:Verificadores de usuarios}}
Na Galipedia aínda non existe ningún verificador de usuarios propio. Pero é posible acudir a verificadores de usuarios comúns para desvelar a existencia de monicreques nalgúns casos complexos, posto que rastrexan os servidores e os rexistros das edicións. Os verificadores de usuarios deberían empregarse unicamente en casos contados e ben razoados, polo que as situacións que non sexan extremas ou onde se queira satisfacer a simple curiosidade no marco de debates correntes, seguramente acabarán nunha solicitude rexeitada; a [[Wikipedia:Política de protección de datos|política de protección de datos]] impide revelar os resultados ao completo, e só se darán en termos xerais. Con todo, é importante sinalar que os verificadores de usuarios identifican a existencia de monicreques, pero non demostran a súa inexistencia.
 
As solicitudes para a comprobación de monicreques pódense facer en [[meta:Steward requests/Checkuser]].
 
===Acusacións non demostradas===
Nalgúns casos seguramente non se poida demostrar a existencia de monicreques, máis ca nada porque este tipo de contas argallan todo tipo de renarterías para camuflárense. Ademais, aínda que se poidan percibir coincidencias en intereses e en estilos de edición, quizais non sexa doado coñecer tan ben as dúas contas como para establecer inequivocamente unha relación de operador-monicreque. Hai que ter en conta que determinadas cuestións polémicas poden ser panais de mel que atraian distintos editores, moitas veces con puntos de vista ideolóxicos, políticos ou relixiosos semellantes.
 
Cómpre ter tino ao realizar acusacións. Por outra banda, en caso de recibir unha acusación de ser un monicreque e non o é, non o tome como algo persoal; siga facendo as cousas ben e o seu historial de edicións falará por vostede.
 
===Bloqueo===
{{AP|Wikipedia:Política de bloqueo}}
Cando se identifique un monicreque, esta conta debe quedar [[WP:BLOQUEO#Para sempre|bloqueada para sempre]], agás que sexan contas anónimas presentadas cun enderezo [[IP]], co que deberían terse en conta as restricións de bloqueo que operan sobre este tipo de usuarios. Os operadores deberán tamén ser bloqueados durante o tempo que estime axeitado o administrador.
 
===Etiquetado===
{{Enuso}}
 
29.647

edicións