Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Monicreques»

===Anonimato===
Un editor de personalidade real coñecida ou recoñecible no seu contorno, pode crear unha conta alternativa para realizar artigos de carácter polémico que lle poidan representar problemas na súa vida diaria ou no seu traballo; por exemplo, se un executivo dunha empresa téxtil realiza artigos sobre explotación laboral infantil. De todos os xeitos, débese ter presente que a Wikipedia debe presentar a información conforme un [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]].
 
===Bots===
Os editores que operan [[Wikipedia:Bot|bots]] para facer rápidas edicións automática ou semiautomáticas deben crear usuarios específicos e someter previamente eses usuarios á aprobación da comunidade en [[Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación]].
 
===Contas espellismo===
As contas espellismo (chamadas en [[lingua inglesa|inglés]] ''doppelgänger accounts'') son contas rexistradas polos editores para evitar que sexan creadas e vandalizadas por outros usuarios. Por exemplo, se existe un editor chamado Nepomuceno, este pode crear unha nova conta chamada Nepomuzeno para evitar que algún vándalo a cree e a empregue con fins perversos cun ánimo de suplantación da identidade. Estas deberían estar marcadas cun modelo específico ({{tl|Conta espellismo}}) ou redireccionar directamente á conta de usuario habitual. A conta espellismo non se debe usar nunca para facer ningún tipo de edición.
 
===Lavar o pasado===
Se ten vostede un mal historial como editor na Wikipedia, abondoso en vandalismos, disputas ou ataques persoais, e decide mudar a súa forma de proceder, pode deixar de usar a conta antiga e trocala por unha nova para comportarse ben a partir de agora. Con todo, debe ter presente que:
* Se segue editando os mesmos artigos ou se o seu xeito de redactar e de actuar é tan recoñecible que pode ser identificado rapidamente, é fácil atar os cabos e que reciba un castigo aínda maior. Se de verdade muda a súa forma de actuar, vai ser moi difícil que se poidan atar eses cabos.
* Se segue usando as dúas contas ao mesmo tempo, é posible que un [[Wikipedia:Verificadores de usuarios|verificador de usuarios]] se decate e o recoñeza. O emprego das dúas contas pode resultar nunha acusación de monicreque. O mellor é deixar un aviso de retiro na conta vella e abandonala por completo.
 
[[ar:ويكيبيديا:دمية جورب]]
29.647

edicións