3.364
edicións
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso ''Galyce'' (Galiza) e ''Calice'' (Cálice) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]], asignandolle ao "rei de Galiza" as armas dun cálice ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais [[Europa|europeos]] comezaron a asignar o cálice como emblema do reino.
Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Extremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino.
==Adopción das armas no reino de Galiza==
|
edicións