Diferenzas entre revisións de «Escudo do Reino de Galicia»

sen resumo de edición
m (Orde alfabética categoría)
{{enuso}}
{{atención|Cómpre amplia-lo artigo amosando os distintos escudos empregados.}}
[[Ficheiro:Escudo_reino_de_galicia.jpg‎|thumb|right|230px|Escudo do reino de Galiza ilustrado no L´armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560.]]
[[Ficheiro:escudoreinogaliza.svg|200px|right]]
 
O '''escudo do reino de Galiza''' foi un escudo de representación variable ó longo dos séculos, que representaba ó [[reino de Galiza]].
 
==Orixe anglonormanda==
Durante os séculos XII e XIII, o desenvolvimento das armas reais por toda [[Europa]] e a adopción de símbolos para familias nobres e dominios patrimoniais como reinos, ducados e condados, conlevou a creación de armoriais; rexistros das armas que representaban aos reis da época. No caso do reino de Galiza sen embargo, aconteceu o curioso feito de que cando a moda dos armoriais comezou a espallarse por Europa (finais do século XIII), o reino de Galiza xa non era independente, e carecía de rei propio, pois desde o ano [[1230]], o rei castelán [[Fernando III]] usurpara a coroa de Galiza e León, ás súas medias irmás,
 
Esta circunstancia política tería explicado a posible ausencia das armas de Galiza (o ''legio fortis'' ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, sen embargo a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial [[Inglaterra|inglés]] coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano [[1282]], asignara unhas armas figurativas ao rei de Galiza -''roy de Galyce''- que non obstante non eran empregadas por rei algún, xa que Galiza deixara de posuir reis propios dende había 50 anos.
 
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso ''Galyce'' (Galiza) e ''Calice'' (Cálice) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]], asignandolle ao "rei de Galiza" as armas dun cálice ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais [[Europa|europeos]] comezaron a asignar o cálice como emblema do reino.
 
==Adopción das armas no reino de Galiza==
 
 
 
[[Categoría:Escudos|Galiza, Escudo do Reino de]]
3.364

edicións