Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

sen resumo de edición
Un '''zigurat''' é unha forma de [[templo]], común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete.
 
O centro do zigurat era feitofacíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos queimados. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxia|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do zigurat, facíase por unha serie de rampas construídas no flanco da construción ou por unha rampa en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de zigurats datan do final do terceiro milénio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notabeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. Na [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos zigurats as divindades colocaríanse perto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou [[deusa]]. Alén diso, apenas os [[sacerdote]]s podían entrar no zigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].
897

edicións