Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:SialkCAD.jpg|right|thumb| Interpretación do zigurat de Sialk, baseado en evidencias arqueolóxicas.]]
 
Un '''zigurat''' é unha forma de [[templo]], común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar supeiorsuperior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete.
 
O centro do zigurat era feito de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos queimados. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxia|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do zigurat, facíase por unha serie de rampas construídas no flanco da construción ou por unha rampa en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de zigurats datan do final do terceiro milénio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notabeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].