Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

sen resumo de edición
m
Un exemplo de zigurat máis simples é o do [[Templo]] Branco de [[Uruk]], na antiga [[Sumeria]], que debe ter sido construído por volta de 400-300 a. C. O propio zigurat é a base sobre a cal o Templo Branco repousa, e a súa función é tracer o templo máis próximo aos [[ceo]]s, de forma que puedese dar acceso dende o chan ata aló. A estrutura tería a función, polo tanto, dunha ponte entre os dous mundos. Por iso acredítase que o templo dos sumerios sería un [[eixo]] cósmico, unha conexión vertical entre o ceo e a terra, e entre a terra o [[submundo]]; e unha conexón horizontal entre as terras. Construído en sete niveis, ou camadas, o zigurat representaría os sete ceos, ou planos de existencia, os sete [[planeta]]s e os sete metais a eles asociados e as súas cores correspondentes.
 
Un exemplo de zigurat sólido e abranxente é o de [[Marduk]], ou [[Torre de Babel]], situado na antiga [[Babilonia]]. Non se conservan restos daquela poderosa estrutura, mais de acordo con achados [[arqueoloxiaarqueoloxía|arqueolóxicos]] e fontes históricas, a torre colocábase sobreposta a sete camadas multicoloridas, en cuxo topo achábase un [[templo]] de proporcións singulares. Acerca dese templo, acredítase que fora pintado e preservado en cor [[anil]], combinando co cimo das camadas. Sábese que había tres escadas que levaban ao templo, e dise que dúas delas ascendian só ata a metade da altura do zigurat.
 
O nome [[Sumeria|sumerio]] para a estrutura era ''[[Etemenanki]]'', palabra que significa "A Fundación do [[Ceo]] e da [[Terra]]". Probabelmente construído baixo as ordes de [[Hamurabi]], averiguouse que o centro do zigurat de Marduk contiña restos doutros zigurats e estruturas máis antigas. O andar final consistía nun encaixamento de 15 metros de ladrillos reforzados construído polo [[monarca]] [[Nabucodonosor]].
897

edicións