Alfabetización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ datos sobre Galiza
+ datos e referencias
Liña 26:
Estar alfabetizado dixitalmente sería posuír a capacitación imprescindible para sobrevivir na [[sociedade da información]] e poder actuar criticamente sobre ela. Trátase de atender ós fins últimos da educación como ferramenta de transformación social. O modelo de alfabetización dixital debe ser multidimensional, activo e dinámico, cun transfondo ético-político fundamental, que vai máis alá da simple adquisición de destrezas para utilizar o computador ou acceder á rede, transcendendo o campo da informática. Require habilidades e coñecementos, pero tamén concienciación e actitudes críticas. Nese sentido, achégase o concepto de [[alfabetización informacional]], entendida como a capacidade para acceder e usar de modo reflexivo, crítico e intencional a información.
 
==Alfabetización en Galiza<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idEdicion=1009&idNoticia=343606 "El analfabetismo total afecta a unos cincuenta mil gallegos"], artigo en ''[[El Correo Gallego]]'', 17 de setembro de 2008 {{es}}.</ref>==
No [[2001]], segundo o [[IGE]], había en Galiza 47.912 persoas analfabetas<ref>[http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=147&R=2[1];9915[12:15:27:32:36]&C=1[all]&F=&S=0:0 Datos do IGE de poboación maior de 16 segundo o nivel de estudos] (2001).</ref> (11.495 homes e 36.417 mulleres), das cales 690 eran estranxeiras<ref>[http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=218&R=2[1];9915[12:15:27:32:36]&C=1[all]&F=&S=0:0 Datos do IGE de poboación estranxeira maior de 16 segundo o sexo e o nivel de estudos] (2001).</ref> (297 homes e 393 mulleres).
 
Segundo datos do [[INE]], en [[2008]] había en Galiza unhas 50.000 persoas (2 % da poboación)<ref>Estes datos non inclúen á poboación menor de 16 anos, dado que a escolarización é obrigatoria até esa idade.</ref>. Isto supón a taxa máis baixa do estado español (2,5 % de media), e un descenso respecto a 1990 cando a taxa era do 3 %. Con todo, hai dúas grandes brechas: a xeracional (a maioría da poboación analfabeta é maior de 65 anos) e de xénero (mentres que só o 1 % dos homes é analfabeto, o 2,9 % das mulleres galegas non sabe ler nin escribir). Por outra banda, tamén existe un alto grao de analfabetismo entre [[inmigración|inmigrantes]] procedentes de lugares onde non tiñan acceso á escolarización.
 
Segundo o [[IGE]], no ano [[2009]] había en Galiza unhas 46.900 persoas analfabetas<ref>[http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2397&R=9912[12];0[0];3[1]&C=1[0];2[0]&F=&S= Datos do IGE de poboación activa segundo nivel de formación] (2009).</ref>.
 
==Notas==