Diferenzas entre revisións de «Charlie Parker»

m
bot Modificado: ka:ჩარლი პარკერი; cambios estética
m
m (bot Modificado: ka:ჩარლი პარკერი; cambios estética)
'''Charles Christopher Parker''', tamén coñecido como "''Bird''", nado o [[29 de agosto]] de [[1920]] en [[Kansas City]] e finado o [[12 de marzo]] de [[1955]] en [[Nova York]], é un [[saxofón|saxofonista]] de [[jazz]] activo dos anos 30 aos 50, que axudou a crear o jazz moderno e é hoxe visto como o máis grande creador desta música.
 
== Traxectoria ==
Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, se non que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o [[blues]].
 
O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na [[música]]. Alí estudou con [[Alonzo Lewis]] pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedouse no [[saxo]] alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por [[Miles Davis]] en [[1947]]).<br />
 
Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa [[orquestra]] de [[George Lee]] e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.
Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e [[heroína]] comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a un deterioro creativo. Aínda así, a súa produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.
 
== Discografía ==
Todo o que gravou Charlie Paker en estudo fíxoo para tres selos: [[Dial]], [[Savoy ]] e [[Verve]]. Existen ademais algunhas gravacións en directo e as célebres cintas de [[Dean Benedetti]].
 
* The Complete Savoy Studio Sessions (3 CDs)
* The Complete Dial Studio Sessions (3 CDs)
* The Complete Charlie Parker on Verve (10 CDs)
* At Storyville (Directo Blue Note, grabado en Boston en 1953)
* The Complete Savoy Live Recordings (4 CDs)
* The Massey Hall Concert (Directo Toronto, 1953)
<br />
 
{{Link FA|de}}
 
[[Categoría:Personalidades do jazz|Parker, Charlie]]
[[Categoría:Personalidades da música dos Estados Unidos|Parker, Charlie]]
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)|Parker, Charlie]]
 
{{Link FA|de}}
 
[[ar:شارلي باركر]]
[[it:Charlie Parker]]
[[ja:チャーリー・パーカー]]
[[ka:ჩარლზჩარლი პარკერი]]
[[ko:찰리 파커]]
[[lb:Charlie Parker]]
76.277

edicións