Reino de Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias}}
 
O '''reino de [[Córdoba]]''' foi unha xurisdición territorial da [[Coroa de Castela]] desde a súa incorporación no [[século XIII]] até a División territorial de [[España]] en [[1833]]. Foi un do catro reinos de [[Andalucía]].
 
== Historia e características ==
Desde o punto de vista xurisdiccional o territorio do reino de Córdoba era realengo e señorial. O realengo centrábase ao redor da cidade de [[Córdoba]] e os seus arredores, mentres que ao norte e ao sur da capital existían extensos señoríos territoriais da Casa de Aguilar-Priego, a Casa de Cabra e do Condado de Santa Eufemia, así como outros señoríos menores, como o Marquesado de Benamejí, o Condado de Luque e as posesións da Casa de Comares e da Casa del Carpio.
 
O [[Real Decreto]] de 30 de novembro de 1833 creou a Provincia de Córdoba, que se formou unindo as localidades do reino homónimo e os seguintes lugares de [[Estremadura]]: Belalcázar, Fuente la Lancha, Hinojosa del Duque e Villanueva del Duque. Con todo Chillón e a súa aldea de Guadalmez,[3] lugares pertencentes ao reino, pasaron a formar parte da provincia de Cidade Real. Así mesmo a nova provincia incorporou dúas exclaves do Reino de Xaén que existían no reino de Córdoba: Belmez (que incluía Peñarroya-Pueblonuevo, segregada en [[1886]]) e Villafranca de Córdoba, antes "das Agullas". Actualmente a provincia de Córdoba está composta polos municipios que poden verse nos anexo Municipios da provincia de Córdoba.