Omar Khayyam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Arranxos
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 19:
Requírese unha grande erudición, para cubrir un campo de coñecementos tan vasto e para lograr a calidade da sabedoría que nos transmite, tamén na súa poesía, que requiriu séculos para empezar a ser debidamente valorada, ao desenvolver a humanidade unha cultura máis axustada ao universo natural, e menos limitada polas crenzas en que se debeu apoiar no seu proceso de evolución. Os científicos e en particular os astrónomos, concretaron o recoñecemento ao seu enorme talento, designando co seu nome, un importante cráter da Lúa. (O cráter Omar Khayyam, atópase nas seguintes coordenadas lunares: latitude 58,0 N e lonxitude 102,1 oeste).
 
Como xenio literario, Omar Khayyam é coñecido en occidente pola colección de poemas, a el atribuídos, chamada ''Robaiyyat'' ou ''Ruba`iyyat'', ''[[Rubaiyat]]'' na versión galega da obra<ref>Khayyam, O. (2010). ''Rubaiyat''. Versión galega de Correa Corredoira. Baía Edicións.</ref>, ("cuartetas", en [[idioma árabe|árabe]]), nome persa que alude a súa estrutura. Trátase de varias series de catro versos, escritos na lingua materna do poeta, o o farsi ou[[Lingua persa]]. A través destes textos, que o sabio escribiu ao longo da súa vida, transmítenos as súas ideas acerca de temas tan distintos como a ciencia e o coñecemento, a moral e o comportamento persoal, relixión e teoloxía, como ser feliz, a nostalxia polo vivido, o goce da vida antes da morte, de onde vimos e onde imos. Hai discrepancias sobre os versos que constitúen as ''Ruba`iyyat'' xa que estas foron en gran medida reconstruídas a partir de varias copias diferentes, e é posible que nalgunha recompilación haxa versos non debidos á man do poeta.
 
Os ''Robaiyyat'' foron expurgados e fixados por [[Sadeq Hedayat]] ([[1903]]-[[1951]]) escritor iraniano, quen nos fala de Khayyam desde dúas vertentes: como filósofo e como poeta. No primeiro dinos que era un filósofo materialista, pesimista e escéptico. Segundo Jayyam a natureza cega e xorda continúa o ciclo: o ceo está baleiro e non atende os berros de ninguén. O seu pensamento está empapado de tristeza, pena, inexistencia e morte.