Elfriede Jelinek: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: az:Elfride Yelinek; cambios estética
Liña 2:
'''Elfriede Jelinek''' (nada o [[20 de outubro]] de [[1946]] en [[Mürzzuschlag]], [[Estiria]], [[Austria]]), é unha escritora [[Austria|austriaca]] en lingua alemá. O ano [[2004]] recibiu o [[Premio Nobel de Literatura]] polo "fluír musical de voces e contravoces en novelas e obras dramáticas, que cun apaixonamento verbal característico, desenmascaran o absurdo e a forza coercitiva dos clixés sociais".
 
== Vida e obra ==
Elfriede Jelinek naceu en Mürzzuschlag. Súa nai, Olga Jelinek (de solteira Olga Buchner), que procedía dunha familia da alta burguesía [[Viena|vienesa]], mantivo economicamente á familia durante moito tempo co seu traballo de contable. Seu pai, Friedrich Jelinek, era un químico de orixe hebreo-checa. A súa profesión, clasificada entre as "útiles para a guerra", liberouno das persecucións durante os anos do [[nacionalsocialismo]], baixo as que sucumbiron varios membros da familia. Foille asignado un posto de traballo na industria militar estratéxica. Friedrich Jelinek, coa que a escritora tivo unha relación difícil, psiquicamente enfermo dende a década de 1950, viviu pechado na súa casa nos anos 60 e faleceu, completamente perturbado, en [[1969]] nunha institución para enfermos mentais.
Liña 13:
O primeiro gran escándalo relacionado coa figura de Jelinek ocorreu en [[1985]] co estreo de "Burgtheater". A obra trataba o tema da insuficiente revisión do pasado nacionalsocialista de Austria, centrándose na figura da actriz [[Paula Wessely]]. Aínda que o contido crítico do texto foi recibido só como unha crítica os colaboracionistas, a fama de Jelinek como escritora disposta a manchar a imaxe do seu propio país, comezou a establecerse. En [[1983]] apareceu a novela ''[[A pianista]]'' ("Die Klavierspielerin"). Nas recensións da obra adoitou destacarse só o significado biográfico do texto, pasando por alto outros aspectos relativos ó enfrontamento de Jelinek coa sociedade establecida. ''Lust'', que amosaba as diferenzas da autora coas relacións de poder patriarcais no campo da sexualidade, foi o seguinte punto de confrontación da escritora coas convencións. A novela foi recibida como "[[pornografía]] feminina" e causou un grande escándalo.
 
En [[1991]] deixa o KPÖ e entra en relación coa revista científica de orientación marxista "Das Argument". Despois das críticas á peza teatral ''Raststätte'' e de ataques persoais á autora en propaganda do partido de extrema dereita [[FPÖ]], Jelinek anunciou en [[1995]] a súa retirada da escena pública e prohibiu que as súas obras foran representadas en Austria.<br />En [[1998]] volveu estrear en Austria "Ein Sportstück", pero no ano [[2000]] renunciou de novo á vida pública, durante a formación do goberno azul e negro constituído por conservadores e ultranacionalistas. Outros textos de Jelinek fan referencia á situación política do seu país naqueles anos: "Das Lebewohl. Ein [[Jörg Haider|Haider]]-Monolog" foi representado nunha praza de Viena durante unha manifestación. A montaxe teatral "Ich liebe Österreich" (''Amo a Austria'') criticaba a política de asilo do goberno, no contexto da campaña publicitaria encetada por este co lema "Bitte liebt Österreich" (''Por favor, ama a Austria'').
 
No ano [[2003]] de novo unha obra súa, "Das Werk", foi representada en Austria. No mesmo ano foino tamén "Bambiland". O [[2004]] foi creado o centro de estudos Elfriede Jelinek, que acolle documentación e información sobre a autora, e está situado no instituto de xermanística da universidade de Viena.<br />En [[2005]] estreouse "Babel", unha reflexión sobre a [[guerra de Iraq]] e as torturas no cárcere de [[Abu Ghraib]]. O outubro de [[2006]] foi posta en escena "Ulrike Maria Stuart". A primeiros do [[2007]] Jelinek comezou a publicar na súa páxina web os primeiros capítulos da súa novela "Neid"<ref>''Neid (Privatroman):'' [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid1.htm Kapitel 1], [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid2.htm Kapitel 2], [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid3.htm Kapitel 3], [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid4a.htm Kapitel 4a], [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid4b.htm Kapitel 4b], [http://a-e-m-gmbh.com/wessely/fneid4c.htm Kapitel 4c], veröffentlicht 2007</ref>.
 
Nunha entrevista co ''Magazine littéraire'' (2007) Jelinek repetiu a lista dos temas fundamentais da súa obra: a infancia oprimida, a polémica contra a "Natureza" e a "Inocencia", o odio pola herdanza Nazi do seu país. Nesa entrevista consideraba que boa parte da literatura austríaca xira arredor do "[[furado negro]]" [[Hitler]].
 
== Obras ==
=== Novelas ===
* ''bukolit. hörroman'' Wien 1979
* ''wir sind lockvögel baby!'' 1970
* ''Michael. Ein Jugendbuch für die Infantilgesellschaft'' 1972
* ''Die Liebhaberinnen'' 1975
* ''Die Ausgesperrten'' 1980
* ''Die Klavierspielerin''. 1983
* ''Oh Wildnis, oh Schutz vor ihr'' 1985
* ''Lust'' 1989
* ''Die Kinder der Toten''1995 ISBN 349803328X3-498-03328-X
* ''Gier'' 2000
* ''Neid (Privatroman)'' a partires de 2007
 
=== Teatro ===
* ''Was geschah, nachdem Nora ihren Mann verlassen hatte oder Stützen der Gesellschaften;'' 1977
* ''Clara S.;'' 1981
Liña 54:
* ''Über Tiere;'' 2006
 
=== Lírica ===
* ''Lisas Schatten;'' 1967
 
=== Traducións ===
* ''Die Enden der Parabel'' Novela de [[Thomas Pynchon]], 1976
* ''Josefina, bedien die Herren. Geschichten von Frauen u. Männern aus Lateinamerika'' Hg. Inke & Peter Schultze-Kraft. Tradución de E. Jelinek, Wolfgang Fleischer, Gert Loschütz e outros Fischer TB, Frankfurt 1982 ISBN 35962526283-596-25262-8
* ''Herrenjagd'' obra dramática de [[Georges Feydeau]], 1983
* ''Floh im Ohr'' obra dramática de Georges Feydeau, 1986
Liña 69:
* ''Der ideale Gatte'' obra dramática de Oscar Wilde (en curso)
 
=== Guións ===
* ''Die Ausgesperrten'' (con [[Franz Novotny]]), 1982
* ''Malina'' (sobre a novela homónima de [[Ingeborg Bachmann]], Dirixida por: [[Werner Schroeter]]), 1990/1991
* ''Die Blutgräfin'' (con [[Ulrike Ottinger]]), 2000
 
=== Versións cinematográficas ===
* ''Die Ausgesperrten'' con [[Rudolf Wessely]]. Dirección: [[Franz Novotny]] (1982)
* ''Die Affäre Rue de Lourcine.'' Dirección: Peter Behle, [[Klaus Michael Grüber]] (1989)
Liña 80:
* ''Die Klavierspielerin'' con [[Isabelle Huppert]]. Dirección: [[Michael Haneke]] (2001)
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.elfriedejelinek.com Paxina web de Elfriede Jelineks]
* [http://www.univie.ac.at/jelinetz Wiki-Projekt „JeliNetz“ zu Elfriede Jelineks Roman „Neid“]
Liña 89:
* [http://www.profil.at/index.html?/articles/0448/560/99059.shtml „Ich bin die Liebesmüllabfuhr“], Profil, Nr. 42, 2006, entrevista.
* [http://www.vermessungsseiten.de/luecke Analysen/Ensaios sobre Elfriede Jelinek]
== Referencias ==
{{listaref}}
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua alemá|Jelinek, Elfriede]]
[[Categoría:Escritores de Austria|Jelinek, Elfriede]]
Liña 98 ⟶ 99:
[[an:Elfriede Jelinek]]
[[ar:إلفريدي يلينيك]]
[[az:ElfridaElfride ElinekYelinek]]
[[be:Эльфрыдэ Елінэк]]
[[be-x-old:Эльфрыдэ Елінэк]]