Alejandro Febrero Lorenzo: Diferenzas entre revisións

nadador español
Contido eliminado Contido engadido
Biografía deste nadador olímpico
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2010 ás 08:41

Alejandro Febrero Lorenzo, nado en Madrid o 25 de febreiro de 1925, e falecido en agosto de 2010, foi un nadador olímpico que habitou a maior parte da súa vida na cidade de Vigo, onde formou parte de varios clubes deportivos. O seu fito máis salientable foi a inclusión no equipo olímpico que competiu na cidade de Londres en 1948. Tamén foi o primeiro en cruza-la Ría de Vigo a nado.

En 1944 incorporouse coma nadador ao Clube Marítimo de Vigo, nese ano participou nos campionatos galegos na proba de 1500 metros libres, obtendo un tempo de 25,33',08. En 1945, xa tra-la integración do seu clube no Náutico de Vigo, mellorou o seu rexistro na devandita proba a 23,01'09, progresión que continuaría en 1946 con medio minuto menos, 22,25',04, sendo o mellor dos nadadores galegos. No Campionato de España da cidade de As Palmas de Gran Canaria obtivo a segunda praza en 400 metros libres, e en 1500 metros libres mellorou a súa marca a 21,12',07, polo que foi seleccionado para os Xogos Olímpicos de Londres, primeiros en organizarse despois da Segunda Guerra Mundial.

Foi quinto clasificado na primeira eliminatoria de 400 metros libres, e cuarto clasificado na terceira eliminatoria de 1500 metros cunha marca de 21,15',27 próxima ao seu mellor rexistro, ficando na sétima posición entre 39 nadadores.

http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/fe/alejandro-febrero-1.html