Xosé Cuíña: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1:
[[Ficheiro:Monumento a Cuiña. Lalín.JPG|thumb|225px|Estatua de Xosé Cuíña en Lalín]]
'''Xosé Cuíña Crespo''', nado en [[Prado, Lalín|Prado]], [[Lalín]], o [[25 de febreiro]] de [[1950]] e falecido o [[28 de decembro]] de [[2007]], en [[Santiago de Compostela]], foi un empresario e político galego.
==Traxectoria política==
Liña 8:
===Conselleiro de Obras Públicas===
Logo das eleccións que lle outorgaron a maioría absoluta ao Partido Popular de [[Manuel Fraga]], en [[1990]], Xosé Cuíña convértese no home forte do executivo ao ocupar a carteira de conselleiro de Obras Públicas. Dende este cargo, impulsou unha rede de vías de alta capacidade entre as que se atopan: a autoestrada Coruña-Carballo A55, a autoestrada Vigo-Baiona A57, a autovía Ferrol-As Pontes, o corredor central Lalín-Chantada-Monforte CRG2.1, a vía rápida do Salnés VRG1.1 e a vía rápida da Barbanza VRG4.1. Tratábase con elas de poñer fin ao tradicional déficit galego en comunicacións terrestres. Así mesmo, dispuxo a redacción da ''Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia'', aprobada por unanimidade no [[Parlamento de Galicia]] aínda que de escaso desenvolvemento e execución. Co fin de poñer fin ao caos urbanístico de Galicia e frear a desaparición da arquitectura rural asinou coas sete cidades de Galicia, así como como outros concellos diversos e a FEGAMP o ''Acordo Marco para a reforma do urbanismo de Galicia'' de data 27 de xullo de 2001 <ref>''Galicia 2003'', Xunta de Galicia ISBN: 84-453-3459-X pax. 333</ref>. Froito dese acordo foi a ''Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia''. Esta lei supuxo unha maior protección do litoral coa ampliación da servidume de costas de 100 aos 200 metros dende o dominio público marítimo terrestre. A través do [[Instituto Galego da Vivenda e Solo]] e as empresas públicas [[Xestur]] creou máis de 6 millóns de metros cadrados de superficie neta industrial e comercial nos 39 parques construídos <ref>Galicia 2003, opus cit. pax 340</ref>. Puxo en marcha uns programa de rehabilitación de vivenda rural e a erradicación do
===Secretario Xeral do PPdG===
Simultanea este cargo tamén co de secretario xeral do partido incidindo na liña galeguista aberta por Manuel Fraga consonte o concepto de [[autoidentificación]]. Así, na asemblea do PPdG de 24 de abril de 1991, defendeu un [[nacionalismo]] ben entendido "ata a fronteira da autodeterminación"<ref>''A Gran Historia de Galicia, XIV, Volume 2, Os primeiros pasos da autonomía''. Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 125. ISBN: 978-84-96931-32-9</ref>. A súa popularidade tiña como expresión os baños de masas da [[romaría do Monte Faro]], concibida como unha xornada festiva e de reafirmación galeguista do PPdG que concentraba na súa [[Comarca do Deza]] aos máximos dirixentes do Partido.
===Caída===
Pero a partir de 1999 o seu poder comeza a esluírse. Primeiro é substituído neste cargo da organización en [[1999]] por [[Xesús Palmou]], e logo, en [[2003]], do posto de conselleiro por [[Alberto Núñez Feijóo]]<ref>[http://www.el mundo.es/elmundo/2007/12/28/obituarios/1198845869.html Artigo en ''El Mundo''] sobre o destacado papel de Cuiña na política galega con mención á rebelión dos deputados ourensáns. {{es}}</ref>. A súa destitución, producida o [[13 de xaneiro]] de [[2003]], foi derivada da crise do [[Prestige]], e estivo supostamente motivada pola venda, por parte dunha empresa da súa familia de 8.500 traxes de auga e 3.000 pás aos equipos de limpeza do fuel a empresa [[Tragsa]]. Porén, estas acusacións nunca chegaron a probarse xudicialmente. O certo é que na Xunta "houbo serias discrepancias entre un bando encabezado por Cuíña, que avogaba por actuar máis e con autonomía respecto do goberno central e outro que prefería ir a remolque do que decidise Madrid" <ref>''A Gran Historia de Galicia'', opus cit. pax.193</ref>
Cuíña, que abandeirara posturas galeguistas dentro do Partido Popular, tentou reunir apoios para recuperar a presidencia do Partido Popular á marcha de Fraga. Porén, e malia diversos contactos con [[Xosé Luís Baltar]], non conseguiu xuntar as sinaturas necesarias para competir polo posto. Mantivo a súa acta de deputado no [[Parlamento de Galicia|Parlamento]] pola provincia de Pontevedra ata o seu falecemento.
{{Start box}}
Liña 48 ⟶ 45:
==Notas==
{{referencias}}
==Véxase tamén==
|