Diferenzas entre revisións de «Ducado de Spoleto»

*Frederico -> Federico
m (bot Engadido: nl:Hertogdom Spoleto)
(*Frederico -> Federico)
O '''ducado de Spoleto''' foi un territorio [[longobardo]] independente fundado aproximadamente no [[570]] ao sur de [[Italia]].
 
[[Ficheiro:Mappa italia bizantina e longobarda.jpg|right|300px|Mapa da Italia bizantina e longobarda.]]
 
==Historia==
 
O ano [[568]] os [[longobardos]] entraron na península itálica, ocupando gran parte dela. Crearon o [[reino longobardo]] con capital en [[Pavía]] e foi dividido en diversos ducados. Parte destes territorios situáronse ao sur do [[exarcado de Ravenna]], que aínda controlaba o [[Imperio bizantino|emperador]] de [[Constantinopla]]. Un deles foi o ducado de Spoleto (na actual [[Umbría]]) onde entraron o [[570]]. O interregno longobardo á morte do rei [[Alboíno]] deixou os duques independentes de feito e, na práctica, os ducados do sur (Spoleto e Benevento) tiveron un estatus de estado independente respecto aos reis longobardos, con breves períodos onde os reis puideron impoñer o seu poder.
 
Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O [[967]] Odón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo Pandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o [[989]] a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o [[999]], e despois outra vez o [[1010]] (ata o [[1020]]) e o [[1043]] (ata o [[1057]]). O [[1057]] Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de [[Bonifacio de Toscana]] e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o [[1158]] (agás de [[1093]] a [[1119]] en que foi duque Werner II, margrave de [[Ancona]], nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).
 
O [[1155]] [[FredericoFederico I Barbarroxa]] destruíu a cidade pero foi reconstruída. O [[1158]] o ducado foi dado a Guelfo VI de Este. A partir de [[1172]] os duques nomeados polo emperador pertencían á casa alemá dos Urslingen. Á morte de Conrado de Urslingen o [[1198]] foi cedido ao Papa [[Inocencio III, Papa|Inocencio III]], pero o [[1209]] foi ocupado por [[Odón de Brunswick]], que nomeou duque a Dipoldo de Vohburg. Finalmente o [[1228]] pasou ao Papa baixo un gobernador, xeralmente un cardeal. Aínda que a nivel local foi teatro de loitas entre [[güelfos]] e [[xibelinos]], o cardeal Albornoz restaurou o pleno dominio pontificio o [[1354]].
 
O título de duque de Spoleto foi usado no século XIX pola casa de Savoia.