Música pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: en:Pop Muse; cambios estética
Liña 1:
'''Música pop''' (apócope de ''popular'') é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - estribillo - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
 
Historicamente, a expresión "música pop" non era entendida como un [[xénero]] musical con características musicais concretas. Era, directamente, o contrario á música de culto, á [[música clásica]]. Baixo esta definición entraban estilos como o [[rock]], o ''[[funk|funky]]y'', o [[folk]] ou ata o [[jazz]]. O pop era entendido como ese gran grupo de músicas para a xente de escasa cultura musical. Co tempo, o pop foi gañándose a súa acepción como estilo musical independente, liberándose, ademais, do sentido pexorativo e negativo ao que se vencellaba.
 
O pop, nome que procede de ''música popular'', é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos [[Beatles]] este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.
Liña 7:
Malia ser un estilo absolutamente híbrido (pop-[[rock]], ''noise-pop'', [[britpop]], ''electropop''...), as clasificacións máis coñecidas e aceptadas son: Pop ''indie'' Vs. Pop comercial, e Pop electrónico Vs. Pop Tradicional. A magnífica proliferación do pop fai imposible que estas clasificacións representen divisións puras.
 
== Pop Indie ==
A esta liña pertencen tódalas agrupacións cuxas compañías discográficas non contan con grandes orzamentos e que, xa que logo, non compiten co "mainstream". O seu carácter ''underground'' confírelles certo carácter de culto, que se incrementa en ocasións cunha lírica creativa algo difícil de asimilar nunha primeira escoita. A creación musical está afortalada fronte á promoción ou a rendibilidade do produto. No movemento [[indie]] adoitan predominar actitudes e gustos "freak", certa atemporalidade en forma de "síndrome de Peter Pan", e fetichismo cara ao retro e o ''kitsch''.
 
== Pop Comercial ==
É o pop que atopamos en [[radiofórmula|radiofórmulas]]s, soportado por grandes compañías discográficas cuns obxectivos económicos moi claros e definidos. A estes obxectivos vense sometidos os artistas, que en ocasións funcionan como verdadeiros produtos de tempada. É unha música de consumo, que vive pouco tempo (en ocasións, só os meses de verán), e cuxo contido en moitas ocasións é convencional e estándar. É xusto recoñecer que dentro desta liña musical, e aínda amparados por desmesuradas campañas comerciais, tamén existen grupos e solistas que gozan dunha calidade contrastada e de liberdade creativa.
 
Na [[sociedade de consumo]] o primeiro obxectivo dun [[produto]] é que cree os máximos beneficios posibles e o pop cumpre con esta norma. É un dos [[xénero]]s con maior potencial de consumidores e isto aproveitárono as cadeas de televisión para crear artistas do xénero en programas como [[Operación Triunfo]], e que teñen grandes audiencias.
Liña 19:
En 1998 o definido "Teen pop" fai o seu reaparición. Cantantes ata ese momento descoñecidos como [[Britney Spears]], ocuparon os primeiros lugares nas listas de discos máis vendidos. A raíz do éxito desta artista, triunfaron entre outros [[Juanes]], [[Michael Jackson]], [[Mandy Moore]], [[Jessica Simpson]] ou [[Christina Aguilera]]. Tamén apareceron ''"boy bands"'' como [[Backstreets Boys]] ou [[N' sync]]. Estes cantantes adoitan estar presentes nos medios de comunicación, moitas veces á marxe da súa carreira musical.
 
== Pop Electrónico ==
É aquel que se xerou con instrumentos [[electrónica|electrónicos]] e [[son]]s dixitais. Véxase: [[Meiga]], [[Aviador Dro]], [[OBK]] ou [[Alaska]].
 
== Pop tradicional ==
É aquel que se xerou coa estrutura musical tradicional dos Beatles: [[Voz]], [[guitarra]], [[baixo]] e [[batería]]. Véxase [[Beatles]], [[La Habitación Roja]], [[Amaral]], etc.
 
== Pop versus Rock ==
Hai tantas características comúns entre o [[rock]] e o pop que, en moitas ocasións, unha mesma composición pode ser catalogada indistintamente con argumentos igualmente sólidos. De calquera modo, existe a opinión consensuada de que a principal diferenza está na intensidade do espectáculo en directo e na forza e virtuosismo instrumental.
 
O rock sempre mantén a estrutura tradicional "guitarra - baixo - batería", con ''[[riff|riffs]]s'' saturados e sós de guitarras penetrantes, cun gran núcleo rítmico de baixo e batería, e con voces máis desgarradas. A temática das letras acostuma ser máis ampla e arriscada. O pop, ao contrario, non ten estrutura instrumental definida, predomina a melodía de voz sobre o resto de [[instrumento]]s, e mantén un clímax musical máis asimilable e limpo.
 
== Véxase tamén ==
* [[Música]]
* [[Música Moderna]]
* [[Arte pop]]
* [[:Category:Música|Category:Música]]
 
[[Categoría:Xéneros musicais]]
Liña 51:
[[de:Popmusik]]
[[el:Ποπ μουσική]]
[[en:Pop musicMuse]]
[[eo:Pop-muziko]]
[[es:Pop]]