Bienio Progresista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Ortografía
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 4:
Ao final da [[Década moderada]] apreciábase que había corrupción entre os políticos, pois sempre eran os mesmos os que dirixían a política e a economía do país. Por outra parte, ao cabo de dez anos de moderantismo, os que non tiñan rendas altas non tiñan dereito ao voto e por suposto non tiñan dereito a ser elixidos para formar parte das Cortes, pois a Constitución de [[1845]] impedíallo, xa que o [[sufraxio censatario]] limitaba o dereito de voto para os máis ricos.
 
Esta situación provocou protestas e movementos subversivos en resposta a estas inxustizas. Estes movementos eran liderados polos propios liberais que non estaban de acordo coa forma de actuar do goberno; a maioría destes grupos liberais eran progresistas, pero tamén había grupos de moderados descontentos pola situación política, como é o caso do moderado xeneral [[Leopoldo O'DonellDonnell]].
 
===Decadencia===
Liña 10:
 
===Primeiras protestas===
En febreiro de [[1854]] producíronse as primeiras protestas na rúa en [[Zaragoza]], que até xullo estendérense por toda España. O [[28 de xuño]] de 1854, o xeneral Leopoldo O'DonellDonnell, que se ocultara en [[Madrid]] durante as persecucións contra liberais e diferentes sectores moderados de toda España, uniuse a diversas forzas e enfrontouse as tropas leais ao goberno en Vicálvaro esixindo un goberno novo e que se acabase coa corrupción. Respectan á Raíña pero denuncian o mal goberno. Este pronunciamento militar recibe o nome de [[La Vicalvarada]], sen que resultara un vencedor claro. Ao largo de xuño e xullo uníronse ao alzamento outras tropas en [[Barcelona]]. O [[17 de xullo]], en Madrid, pero tamén en [[Alzira]], [[Cuenca]], [[Logroño]], [[Valencia]] e Zaragoza, civís e militares saíron á rúa nunha sucesión de actos violentos, poñendo en perigo a vida da mesma nai da Raíña, que debeu de buscar refuxio.
 
===Manifesto===