Río Magdalena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Río Magdalena; cambios estética
Liña 16:
O '''Río Magdalena''' é un curso de auga de 1538 km de lonxitude ao longo do Oeste de [[Colombia]], en [[América do Sur]], desde o seu nacemento nos [[Andes]] até a súa foz no [[Mar das Antillas]], no [[Océano Atlántico]]. A súa conca abranxe 263.858 km².
 
== Nomes ==
=== Étimo ===
O nome oficial do río débese ao seu descubridor europeo, [[Rodrigo de Bastidas]], que con seus homes e barcos arribou a desembocadura das súas augas o [[1 de abril]] de [[1501]], día no que se conmemora a [[Maria Magdalena]]. Bastidas, como outros exploradores hispanos, impúxolle ao lugar descuberto a denominación do santo do día. O nome completo foi "Río Grande de la Magdalena".
 
=== Nomes indíxenas ===
Os amerindios|indios designan o río, segundo a súa língua, con nomes diversos. Os caribes ribeireños chámano ''Caripuana'', que significa "Grande auga". Indios do curso alto do río, denomínano ''Guacacallo'', interpretado como "Río das tumbas"; mentres outros habitantes o coñecen por ''Yauma'' ou "Amigo dos ríos".
=== Sobrenomes ===
Entre os sobrenomes que se lle aplican: "Mai de todos os ríos" ou "Corrente do esquecemento"
 
== Percorrido ==
=== Nacemento ===
O río Magdalena nace na [[Cordilleira Central]] dos [[Andes]], na ''Lagúa do Buey'' (ou ''Lagúa de Magdalena''), no lugar montañoso denominado ''Las Papas'', pero do paralelo 2º norte, dentro do departamento colombiano de [[Huila]] e perto da cidade de [[San Agustín]].
=== Curso ===
Despois do seu nacemento o río corre cara oriente, atravesando a zona arqueolóxica de San Agustín. A continuación as augas corren para o norte a través da chaira formada entre a Cordilleira Central e a [[Cordilleira Oriental]], e baña cidades como [[Neiva]] e [[Barrancabermeja]]. Cerca de [[El Banco]] encóntrase con o seu máis importante afluente, o [[Río Cauca|Cauca]]. Desde aí flúe para nordeste en dirección para Barranquilla, nas beiras do Mar Caribe.
=== Desembocadura ===
Desde o paralelo 11º N, e ao oeste da [[Serra Nevada de Santa Marta]], perto de [[Barranquilla]], o Magdalena divídese en varios brazos, formando un amplo [[delta]], con varias illas, con rica vexetación de selva ecuatorial. Obras efectuadas na década de 1930, canalizaron o río que actualmente desauga directamente en Barranquilla. A forza do río fai que a auga doce penetre varios quilómetros no [[Mar Caribe]].
 
=== Afluentes ===
Os afluentes do Magdalena son numerosísimos, aínda que a maioría de curto percorrido. Cómpre destacar:
* Pola esquerda:
Liña 45:
** [[Río César|César]];
 
== Navegabilidade ==
O río Magdalena é navegábel en case 1.000 km, desde a súa desembocadura até a localidade de [[Honda]], polo que constitúe a principal vía fluvial e comercial cara o interior de Colombia. Desde Honda as correntes son fortes, pero o río aínda é navegábel. Entre [[Neiva]] (437 m.s.n.m.) e Honda (200 m.s.n.m.), aínda é practicábel a pesar dos rápidos e fervenzas, mercé as obras efectuados en 1875.
 
== Poboacións no curso ==
Na conca do Magdalena vive aproximadamente un 80 % da poboación de Colombia. A maior das cidades sita nas orelas do mesmo río Magdalena é [[Barranquilla]], situada na foz, que é ademais o máis importante dos portos colombianos no Mar Caribe. A súa poboación de sobre 1.300.000 habitantes, convértena na cuarta cidade de Colombia. Hai outras cincuenta cidades nas beiras do Magdalena, das que salientan [[Neiva]] con 348.920 habs., [[Soledad]] con 320.115 habs., [[Barrancabermeja]] con 202.167 habs., [[Girardot]] con 124.520 habs e [[La Dorada]] con uns 45.000 .
 
== Economía ==
Os vales dos ríos Magdalena e Cauca son ricos en xacementos de petróleo e gas, para cuxa explotación se construíron conducións (oleodutos e gasodutos). En varias das localidades das proximidades instaláronse refinerías, como en Barrancabermeja e en Neiva. Barranquilla é a cidade máis industrial de toda a bacía do río.
 
Liña 72:
[[eu:Magdalena ibaia]]
[[fi:Magdalena (joki)]]
[[fr:MagdalenaRío (fleuve)Magdalena]]
[[gd:Abhainn Mhagdalena]]
[[it:Magdalena (fiume)]]