Acción Nacionalista Vasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m retiro páxina web inexistente e engado lig. int.
mSen resumo de edición
Liña 14:
}}'''Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca''' (EAE-ANV) é un partido nacionalista [[vasco]] ilegalizado de esquerdas e socialista.
 
==Historia e características==
Escisión de [[Aberri]] en [[1930]] como reacción á fusión deste coa conservadora [[Comunión Nacionalista Vasca]] para refundar o [[Partido Nacionalista Vasco]]. Xogou un papel importante, aínda que minoritario, durante a [[II República Española]] e a [[Guerra Civil española]] cando o partido formou varios batallóns e tivo un conselleiro no primeiro goberno vasco, mantivo a súa actividade no exilio, apoiou a ETA e na transición integrouse en [[Herri Batasuna]] pero cando esta se refundou en Batasuna ANV non se integrou nela.
 
En 2007 concorreu ás eleccións municipais no [[País Vasco]] e [[Navarra]], malia seren ilegalizadas as súas listas en moitos concellos. Conseguiu un total de 95.000 votos, gañando en 31 municipios e obtendo representación noutros 62. A formación atribúese tamén os votos declarados nulos, que suman un total de 92.000.
 
O 16 de Setembro de 2008, o partido foi ilegalizado polo [[Tribunal Supremo]] de [[España]].
 
 
[[Categoría:Partidos políticos da CAV]]