Autoidentificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Autoidentificación''' foi un concepto acuñado por [[Manuel Fraga Iribarne]] na súa primeira lexislatura como Presidente da [[Xunta de Galicia]], buscando unha síntese constitucionalista do pensamento galeguista non soberanista{{Cómpre referencia}}. Pretendeu constituílo nunha alternativa dialéctica ao concepto de [[autodeterminación]] defendido naqueles momentos por forzas presentes no [[Parlamento de Galicia]] como o [[PSG-EG]] de [[Camilo Nogueira Román]] ou o [[Bloque Nacionalista Galego]] liderado daquela por [[Xosé Manuel Beiras]].
 
{{Cita|''Coñezo ben a este pobo e sei que ten unha arraigada idiosincrasia, o seu galeguismo...Aí están as teorías de Brañas e Murguía e tamén as posicións de Losada Dieguez e Vicente Risco. Ningún deles renegou ou renunciou a ser español''<ref>Manuel Fraga Iribarne. Artigo ''Galicia abierta y solidaria'' no libro Luces y Sombras. Reflexiones al final de un milenio. Editorial Guías del Noroeste S.L. pax. 137 ISBN:84-920095-0-0</ref>}}
 
Pretendeu constituílo nunha alternativa dialéctica ao concepto de [[autodeterminación]] defendido naqueles momentos por forzas presentes no [[Parlamento de Galicia]] como o [[PSG-EG]] de [[Camilo Nogueira Román]] ou o [[Bloque Nacionalista Galego]] liderado daquela por [[Xosé Manuel Beiras]].
 
==Definición e características==
Liña 10 ⟶ 14:
{{Cita|''(...)unha comunidade humana con características ben definidas pola xeografía, pola historia, pola economía, por unha maneira propia de ser e de vivir e pola conciencia que ten de si mesma''. Pobo integrado por ''unha chea de elementos que conforman a súa realidade, aglutinados pola riqueza común que é o propio idioma. Galicia antigo Reino, país ben definido, ten unha personalidade propia en tódolo aspectos''<ref>Manuel Fraga Iribarne. opus cit. pax. 9</ref>}}
 
Neste sentido o concepto, segundo el, debía plasmarse na normalización lingüística como política transversal e de consenso, no apoio aos medios de comunicación galegos e ao mundo editorial, na recuperación do pasado histórico como antigo Reino (recompilación por parte da Xunta de Galicia en varios tomos das actas da [[Xunta do Reino de Galicia]], nomeamento de [[Emilio González López]] como [[cronista oficial do Reino de Galicia]] o 4 de outubro de [[1991]]...), na divulgación e exhaltaciónexaltación da súas forzas creadoras a través da arte e a cultura material (Proxecto [[Galicia no Tempo]], impulsado por [[Daniel Barata Quintas]]), a recuperación e actualización dos camiños e empresas que fixeron de Galicia catalizadora da cultura Europea ( [[Xacobeo]] 93 coordinado por [[Víctor Manuel Vázquez Portomeñe]]) e universal (proxecto [[Santiago e América]] en colaboración co [[Consello da Cultura Galega]], a rehabilitación do patrimonio cultural para novos usos (rahabilitación do [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], rehabilitación do [[mosteiro de San Clodio]] impulsadoimpulsadas por [[Aurelio Miras Portugal]]...) a revitalización das relacións con [[Portugal]] a través da creación da [[Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal]]<ref>Manuel Fraga Iribarne. ''Galicia fin de milenio'' Editorial Planeta. 1997, pax 15 a 170 ISBN: 84-08-02206-7</ref>., ao afondamento no principio de autonomía a través da proposta de [[Administración Única]] ata os límites constitucionalmente posibles<ref>Xosé Vilas Nogueira, eRamón Máiz Suárez, Francisco Caamaño Domínguez, Xosé Manuel Rivera Otero. ''O Sistema Político de Galicia''. Edicións Xerais, 1994, pax. 336. ISBN:84-7507-777-3 </ref> , a protección do territorio a través da creación de parques naturais como o [[Xurés|Parque Natural do Xurés]], o [[Fragas do Eume|Parque Natural das Fragas do Eume]], o [[Serra da Enciña da Lastra|Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra]] e a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, impulsada por [[Xosé Cuíña]].
 
Este concepto facilitou a integración de efectivos nacionalistas moderados no [[PPdG]]. Así, co gallo da incorporación de [[Centristas de Galicia]] de [[Victorino Núñez]] no congreso extraordinario de 21 de decembro de [[1991]], Fraga declara en setembro dese mesmo ano que con esta operación ''o nacionalismo ben entendido da un gran paso'', e Xosé Cuíña, na asemblea do partido de 24 de abril, afirmaba que ese suposto nacionalismo só se detiña ''na fronteira da autodeterminación''<ref>A Gran Historia de Galicia. Tomo XIV. Volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 125. ISBN:978-84-96931-32-9</ref>
 
===Outras visións===