Autoidentificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 12:
Neste sentido o concepto, segundo el, debía plasmarse na normalización lingüística como política transversal e de consenso, no apoio aos medios de comunicación galegos e ao mundo editorial, na recuperación do pasado histórico como antigo Reino (recompilación por parte da Xunta de Galicia en varios tomos das actas da [[Xunta do Reino de Galicia]]), na divulgación e exhaltación da súas forzas creadoras a través da arte e a cultura material (Proxecto [[Galicia no Tempo]], impulsado por [[Daniel Barata Quintas]]), a recuperación e actualización dos camiños e empresas que fixeron de Galicia catalizadora da cultura Europea ( [[Xacobeo]] 93 coordinado por [[Víctor Manuel Vázquez Portomeñe]]) e universal (proxecto [[Santiago e América]] en colaboración co [[Consello da Cultura Galega]], a rehabilitación do patrimonio cultural para novos usos (rahabilitación do [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], rehabilitación do [[mosteiro de San Clodio]] impulsado por [[Aurelio Miras Portugal]]...) a revitalización das relacións con [[Portugal]] a través da creación da [[Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal]]<ref>Manuel Fraga Iribarne. ''Galicia fin de milenio'' Editorial Planeta. 1997, pax 15 a 170 ISBN: 84-08-02206-7</ref>., a afondamento no principio de autonomía a través da proposta de [[Administración Única]] ata os límites constitucionalmente posibles, e a protección do territorio a través da creación de parques naturais como o [[Xurés|Parque Natural do Xurés]], o [[Fragas do Eume|Parque Natural das Fragas do Eume]], o [[Serra da Enciña da Lastra|Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra]] e a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.
 
===Outras visións===
Para o nacionalismo soberanista o concepto era un mero sucedáneo e unha estratexia de lexitimación <ref>López Facal. El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 4.2.1992, pax.9.</ref>. Así o deputado do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega Xoán López Facal escribía:
 
{{Cita|''Pola miña parte, pretendo non extrema-la dureza contra o único intento gobernamental aparecido ata a data de fundamenta-lo autoaprezo dos galegos, nun páispaís onde o desprezo polo propio impregna hábitos e comportamenteos na política e, en definitiva, na conciencia colectiva''.}}
 
Para o catedrático de Historia Contemporánea [[Xusto Beramendi]] a autoidentificación supuxo: