Autoidentificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 12:
Para o nacionalismo soberanista o concepto era un mero sucedáneo e unha estratexia de lexitimación <ref>López Facal. El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 4.2.1992, pax.9.</ref>. Así o deputado do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega Xoán López Facal escribía: ''Pola miña parte, pretendo non extrema-la dureza contra o único intento gobernamental aparecido ata a data de fundamenta-lo autoaprezo dos galegos, nun páis onde o desprezo polo propio impregna hábitos e comportamenteos na política e, en definitiva, na conciencia colectiva''.
 
Para o catedrático de Historia Contemporánea [[Xusto Beramendi González]] a autoidentificación supuxo enxalzar ''como substancia da galeguidade os elementos máis tópicos do folclore e da cultura tradicional de orixe e asento campesiño... O mellor exemplo eran as tomas de posesión de Fraga...Fraga ou os seus segundos confraternizaban coa xente do común, preferentemente no rural, e ata a fasquía dos actos centrais de afirmación do partido no Monte Faro. Pero, por outro lado, esta política completábase coa oficialización de símbolos e figuras do pasado nacionalista, e en especial de Castelao, algo que naturalmente desataba as iras dos nacionalistas que non cansaban de denunciar esta "apropiación indebida"''<ref> ''A Gran Historia de Galicia''. Tomo XIV. Volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 126. ISBN:978-84-96931-32-9 </ref>
 
==Notas==