Etnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Ẹ̀yà ènìyàn
Beninho (conversa | contribucións)
m cais -> cales
Liña 1:
Un '''grupo étnico''' é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de [[raza]] e [[nación]], o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o [[mercantilismo]] e o [[capitalismo]] promovian movimentacións globais de populacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos [[estado]]s eran definidas máis clara e rixidamente. No [[século XIX]], os [[estado]]s modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de ''nacións''. No entanto, os estados-nación incluen sempre populacións [[indio|indíxenas]] que foron excluídas do proxecto de construción da nación, ou recrutan traballadores do exterior das as súas fronteiras. Estas persoas constituen tipicamente grupos étnicos. Consecuentemente, os membros de grupos étnicos costuman conceber a súa identidade como algo que está fora da historia do estado-nación – quer como alternativa histórica, quer en termos non-históricos, quer en termos dunha ligación a outro estado-nación. Esta identidade expresase moitas veces a través de "tradicións" variadas que, aínda que sexan frecuentemente invencións recentes, apelan a unha certa noción de pasado.
 
Os grupos étnicos ás veces son suxeitos ás actitudes e ás accións [[preconcepto|preconceituosas]] por parte do Estado ou polos seus membros. No [[século XX]], os pobos comezaron a discutir que conflitos entre grupos étnicos ou entre membros dun grupo étnico e o estado poden e deben ser resolvidos de dúas maneiras. Alguns, como [[Jurge Habermas]] e [[Bruce Barry]], discutiron que a lexitimidade de estados modernos debe ser baseada nunha noción de [[dereito político|dereitos políticos]] para suxeitos individuais [[autonomía|autonomos]]. De acordo con este ponto de vista o estado non pode recoñecer a identidade étnica, nacional ou racial e debe preferibelmente reforzar a igualdade política e legal de todos os indivíduos. Outros, como [[Charles Taylor]] e [[William Kymlicka]] argumentan que a noción do indivíduo autonomo é ela propria unha [[construción cultural]], e que non é nen posíbel nen correcto tratar pobos como individuos autonomos. De acordo con esta opinión, os estados deben recoñecer a identidade étnica e desenvolver procesos nos caiscales as necesidades particulares de grupos étnicos posan ser levadas en conta no contexto dun estado-nación.
 
== Etnicidade ==