Mosquito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 33:
O '''mosquito''' é un [[insecto]] da familia '''Culicidae'''. Coma os outros membros da orde [[Diptera]], os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 [[milímetro|mm]]. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos ([[Xurásico]] medio).
 
Os xéneros dos '''mosquitos''' inclúen ''[[AnofelesAnopheles]]'', ''[[Culex]]'', ''[[Psorfora]]'', ''[[Oclerotatus]]'', ''[[Aedes]]'', ''[[Stegomyia]]'',''[[Sabetes]]'', ''[[Culiseta]]'' e ''[[Haemagoggus]]''. Existen 35 xéneros en total con máis de 2.700 especies recoñecidas.
 
As femias da maior parte dos mosquitos aliméntanse de sangue dos animais antes de pór os ovos. Na maioría dos mosquitos femia, as partes da boca forman unha [[probóscide]] longa preparada para perforar a pel dos [[mamífero]]s (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para sucionar o seu [[sangue]]. As femias requeren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. Os machos difiren das femias en que as súas bocas non están preparadas para sucionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, ''[[Toxorhynchites]]'', non beben sangue. As larvas deste mosquito son predadores doutras larvas de mosquitos.