Proclamación da I República portuguesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Implantação da República Portuguesa; cambios estética
Liña 2:
A '''Proclamación da I República Portuguesa''' foi o resultado da [[Revolución do 5 de Outubro de 1910]] que nesa data pon fin á monarquía en [[Portugal]].
 
== Contexto ==
O movemento revolucionario do [[5 de outubro]] de [[1910]] deuse nunha secuencia natural de acción doutrinaria e política que, dende a creación do Partido Republicano, en [[1876]], viña sendo desenvolta. A propaganda republicana soubo sacar partido dalgúns feitos históricos de repercusión popular: as conmemoracións do centenario da morte de [[Camões]], no ano [[1890]], e o [[Ultimátum británico de 1890]] foron aproveitados polos defensores das doutrinas republicanas que se identificaron cos sentimentos nacionais e aspiracións populares.
 
[[Elias Garcia]], [[Manuel Arriaga]], [[Magalhães Lima]], así como o obreiro [[Agostinho da Silva]], foron personaxes importantes das asembleas de propaganda republicana, en [[1880]].
Liña 9:
O terceiro centenario da morte de [[Camões]], foi conmemorado con actos significativos — como o cortexo cívico que percorreu as rúas de [[Lisboa]], entre o grande entusiasmo popular e, tamén, o traslado dos restos mortais de [[Camões]] e [[Vasco da Gama]] para o Panteón Nacional. As luces e o aire de festa nacional que caracterizaram estas conmemoracións complementaron ese cadro de exaltación patriótica. A idea das conmemoracións camoneanas partira da ''Sociedade de Geografia de Lisboa'', mais a execución correspondeu a unha comisión de representantes da ''Imprensa de Lisboa'', constituída polo [[Visconde de Jorumenha]], por [[Teófilo Braga]], [[Ramalho Ortigão]], [[Batalha Reis]], [[Magalhães Lima]] e [[Pinheiro Chagas]]. O Partido Republicano, ó que pertencían as figuras máis representativas da Comisión Executiva das conmemoracións do tricentenario camoneano, gañou grande popularidade.
 
== A revolta ==
Durante o breve reinado de [[Manuel II de Portugal]] — que ascendeu ó trono despois do atentado a [[Carlos I de Portugal]], no que finou tamén o seu fillo herdeiro [[Luís Filipe, Duque de Bragança]] —, o movemento republicano acentuouse, chegando mesmo a ridicularizar á monarquía. A [[3 de outubro]] de [[1910]] estourou a revolta republicana que xa se adiviñaba no contexto da inestabilidade política. Aínda que moitos envoltos rexeitaron participar — chegando mesmo a parecer que a revolta fracasara — a vitoria debeuse tamén grazas á incapacidade de resposta do Goberno en reunir tropas que dominasen ós preto de douscentos revolucionarios que resistían armas en man. Coa adhesión dalgúns navíos de guerra, o Goberno rendeuse, os republicanos proclamabam a [[República]], e [[Manuel II de Portugal]] exiliouse.
 
[[Categoría:Historia de Portugal]]
Liña 21:
[[ms:Revolusi 5 Oktober 1910]]
[[no:Oktoberrevolusjonen i Portugal]]
[[pt:ProclamaçãoImplantação da República Portuguesa]]
[[ru:Португальская революция (1910)]]
[[zh:1910年10月5日革命]]