Protuberancia anular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: he:פונס
m surco > suco
Liña 3:
 
==Características==
É o segmento máis prominente do [[tronco do encéfalo|troncoencéfalo]]. Contén no seu núcleo, unha porción da [[formación reticular]], incluíndo algúns núcleos que ao parecer son importantes para o soño e o estado de alerta. Aquí sitúanse os [[pedúnculo cerebeloso|pedúnculos cerebelosos]], feixes de nervios que levan información propioceptiva ao cerebelo. Separado do [[bulbo raquídeo]] polo surcosuco bulboprotuberancial, e do [[mesencéfalo]] polo surcosuco pontomesencefálico. A superficie anterior é convexa e mostra moitas febras transversais que converxen cara aos lados para dar orixe aos '''pedúnculos cerebelosos medios'''. Na liña media presenta un surcosuco pouco profundo e amplo, o '''surcosuco basilar''', que aloxa á [[arteria basilar]]. Máis cara fóra, na cara anterolateral da protuberancia ten a súa orixe aparente o [[nervio trixémino]] ou V par craneal.
 
No surcosuco bulboprotuberancial teñen a súa orixe aparente, de dentro cara fóra o [[nervio motor ocular externo]] ou VI par cranial, o [[nervio facial]] ou VII par cranial e o [[nervio auditivo]] ou VIII par cranial.
 
A superficie posterior forma a parte superior do chan do [[cuarto ventículo]] e ten forma triangular de vértice superior, está oculta polo cerebelo. Limitada cara fóra polos '''pedúnculos cerebelosos superiores''' e dividida polo '''surcosuco medio''' ou '''talo do calamus scriptorius'''. Cara fóra do talo do calamus existe unha eminencia alargada ou '''funiculus teres''' que subdivide o chan nun '''á branca interna''' (que corresponde ao núcleo do [[nervio hipogloso]]) e por riba termina nunha elevación redondeada, a '''eminencia teres''' (que corresponde ao núcleo do [[nervio motor ocular externo]]). Máis cara fóra unha depresión triangular de cor gris, a '''á gris''' ou fóvea inferior (que corresponde aos núcleos de orixe do [[nervio glosofarínxeo]] e do [[nervio pneumogástrico]]. Continuando cara fóra, no ángulo externo do chan do cuarto ventrículo, atopamos unha segunda zona branca, lixeiramente sobreelevada que forma a '''á branca externa''' (que corresponde aos núcleos vestibulares) e no seu parte supero-externa presenta unha pequena protrusión, o '''tubérculo acústico''' (que corresponde aos núcleos cocleares). Tamén no chan do cuarto ventrículo atopamos estrías transversais entre o talo do calamus e o ángulo externo, son as '''estrías acústicas''' (estrías medulares) ou barbas do cálamo.
 
=== Xeralidades ===