Faisán común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: frr:Fasaan
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: eo:Komuna fazano; cambios estética
Liña 14:
* e o faisán común '''[[Phasianus colchicus torquatus]]''', ou '''faisán torcado''', caracterizado por un anel branco na base do pescozo dos machos.
 
== Características físicas ==
O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha [[cauda]] moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os [[macho]]s teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.
 
As [[femia]]s son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.
 
== Comportamento ==
Os machos son [[poligamia|polígamos]] e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos [[mato]]s, e aliméntanse de gran, follas e pequenos [[invertebrado]]s, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das [[árbore]]s. [[Niño|Aniñan]] no chan, cunhas postas de ao redor de dez [[Ovo (bioloxía)|ovos]] entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.
 
Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.
 
== Orixe e distribución ==
A especie é orixinaria de [[Asia]], pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os [[Grecia Clásica|gregos]], e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en [[Roma Antiga|Roma]]. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da [[Idade Media]]. En [[Gran Bretaña]] introducíronse no [[século X]], extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do [[século XIX]], con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do [[século XX|XX]] ([[México]], [[Chile]]...).
 
En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a [[Ourense]], así como na raia portuguesa e na montaña interior ([[Chandrexa de Queixa]], [[Vilariño de Conso]]...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de [[Sanxenxo]] e [[O Grove]]. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como [[especies cinexéticas|especie cinexética]] e sempre dentro de [[couto]]s. Na produción agrícola, en [[España]] había en [[2003]] unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a [[Cataluña]].
 
== Gastronomía ==
A carne do faisán é menos aprezada cá da [[perdiz]]. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o [[polo]] ou o [[pato]].
 
A carne ten un escaso contido en [[sodio]], polo que se lles recomenda aos [[hipertensión|hipertensos]], e constitúe unha fonte importante de [[fósforo]] e [[vitamina]]s do grupo [[vitamina B|B]].
 
== Curiosidades ==
A novela ''[[Danny the Champion of the World]]'', de [[Roald Dahl]], conta a historia dun [[furtivismo|furtivo]] e do seu fillo, que se dedican á caza do faisán.
 
Liña 48:
[[de:Fasan]]
[[en:Common Pheasant]]
[[eo:OrdinaraKomuna fazano]]
[[es:Phasianus colchicus]]
[[fa:قرقاول]]