Judith Butler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot Engadido: is:Judith Butler; cambios estética
Liña 2:
'''Judith Butler''', nacida o [[24 de febreiro]] de [[1956]], é unha intelectual e destacada pensadora [[Feminismo|feminista]] [[Estados Unidos|estadounidense]].
 
== Traxectoria ==
Actualmente ([[2010]]) é profesora do departamento de retórica e literatura comparada da [[Universidade de California, Berkeley|Universidade de Berkeley]] é profesora da European Graduate School.<ref>[http://www.egs.edu/faculty/judith-butler/biography/ Judith Butler] Faculty page @ European Graduate School</ref>
 
Liña 9:
O movemento Queer encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional activismo do movemento LGBT. Principalmente nos [[Estados Unidos]], [[Canadá]] e [[Inglaterra]] -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento [[LGBT]] produciran, a propósito, unha imaxe do [[gai]] positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O Queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai. O Queer sustenta unha postura análoga á do anarco-feminismo, á loita pola igualdade entre sexos, á non violencia e á anti-homofobia. Tamén se sitúa na integridade anarquista, por ese motivo, a súa tendencia á aproximación e á constante aglutinación con algúns movementos contraculturais.
 
== Obras ==
As súas obras mais importantes son:
 
=== ''Gender Trouble'' (1990) ===
Publicado por primeira vez en 1990, vendeu máis de cen mil copias no mundo enteiro. Este libro examina criticamente a obra de [[Simone de Beauvoir]], [[Julia Kristeva]], [[Sigmund Freud]], [[Jacques Lacan]], [[Luce Irigaray]], [[Monique Wittig]], [[Jacques Derrida]], e o máis importante, [[Michel Foucault]]. O libro tamén gozou dunha ampla popularidade fóra dos círculos académicos, incluso no cine. O quid da argumentación de Butler en ''Gender Trouble'' é que a coherencia das categorías de sexo, xénero, sexualidade e da aparente coherencia natural, por exemplo, de xénero masculino e o desexo nos órganos dos homes heterosexuais, é a cultura a través da repetición de estilizados Actos no tempo.
Liña 19:
Esta posición fai que sitúe as nocións de “diferenza sexual” na cultura, nas narracións: non hai nada máis alá do ámbito da lingua. Se observamos outras culturas, esta clasificación non sempre funciona. Por exemplo, algúns grupos de indíxenas norteamericanos identifican máis de dous sexos. Nesas sociedades teñen un status de xénero social recoñecido diferente do “sexo”. Butler subliña que no son invisibilizados, nin ignorados, nin marxinados, senón que estas culturas teñen outra forma de categorizar, é dicir, de dividir os sexos diferente a como nós o facemos.
 
=== ''Bodies that matter'' ===
É outra das súas obras importantes. Trata de aclarar erros con respeo á promulgación de sexo/xénero. Nomeamos algunha cuestión que lle critica a un dos seus puntos de referencia, [[Simone de Beauvoir]]: Butler le ''O segundo sexo'', centrándose na famosa afirmación “muller non se nace, faise". Butler afirma que as mulleres non nos podemos considerar suxeitos. En base a esta primeira crítica a Simone de Boauvoir, Butler fundamenta o fracaso do movemento feminista, que ven loitando dende hai séculos con reivindicacións que nunca acaban de fundamentarse. Outra crítica que lle fai a Simone de Beaovoir é a seguinte: Beauvoir é considerada a primeira en usar a palabra "xénero". Entón cabe dividir sexo e xénero: o que se é bioloxicamente (o sexo) e o que se vai construíndo de determinada maneira (o xénero) segundo a época, o lugar, a cultura, a clase social...
 
=== ''Excitable Speech'' (1997) ===
Butler fai enquisas sobre os problemas das expresións de odio e a censura. Sostén que a censura é difícil de avaliar, e que nalgúns casos pode ser útil, ou incluso necesaria, mentres que noutros pode ser peor que a tolerancia. Butler sostén que o discurso de odio existe retrospectivamente, só despois de ter sido declaradas como tales polas autoridades estatais. Desta maneira, o Estado reservase para si o poder de definir as expresións de odio e, polo contrario, os límites do discurso aceptábel.
 
=== ''Undoing Gender'' (2004) ===
En ''Undoing Gender'', Butler recolle as reflexións sobre o xénero, o sexo, a sexualidade, a psicanálise e o tratamento médico de intersexuais para un público xeral máis que moitos dos seus outros libros. Butler refina o seu concepto de desempeño, que é o centro de problemas de xénero. Na súa discusión, Butler aborda o caso de David Reimer, unha persoa cuxo sexo é ambiguo, despois dunha circuncisión mal feita aos oito meses de idade. Foi "feita" feminina polos médicos, pero máis tarde na vida, identificado como "realmente" masculino, e, en definitiva, suicidouse.
 
=== ''Giving an Account of Oneself'' ===
En "Giving an account of oneself" Butler desenvolve unha ética baseada na opacidade do suxeito a si mesmo, dos límites de autocoñecemento.
 
Desenvolve unha teoría da formación do suxeito como unha reacción ás consecuencias do control da materia que forma coa maior precisión a condición do tema da formación, os recursos que polo tema se converten en recoñeciblemente humanos. O tema é, polo tanto, desposuídos de si mesmo por otro ou outros, como a condición do seu ser en todos.
 
== Crítica a ''Antígona'' ==
Butler pretende rescatar a [[Antígona]] de discursos sedutores e reducionistas e escoitar o que ela mesma ten que dicir sobre o goberno da polis, a súa orde e leis. Butler precisamente intenta mostrar a ambigüidade e a inestabilidade da situación de Antígona, dando a entender que non hai respostas unívocas, claras e coherentes.
 
Liña 39:
 
As dúas cuestións que lle interesan a Butler son se pode haber parentesco sen o soporte e a mediación do Estado, e se pode haber Estado sen o soporte e a mediación da familia. ¿Poden ambos sosterse independentemente? Para Butler non é posible na medida en que Antígona fala en nome do sangue coas palabras da política e da lei e asume a linguaxe do mesmo Estado contra o que se rebela. Por iso, para Butler, Antígona, como vimos, apropiase e resignifica ferramentas teóricas da filosofía, a psicanálise e a tradición feminista. Dese modo intenta superar lecturas tradicionais marcadas, ao seu xuízo, polo binarismo excluínte varón-muller. Para alcanzar o seu obxectivo, apóiase ao menos en tres liñas fundamentais de pensamento:
* [[Simone de Beauvoir]] e o [[existencialismo]]
* [[Luce Irigaray|Irigaray]] e o xiro lingüístico
* [[Michel Foucault|Foucault]] e a psicanálise en clave.
entendendo o discurso de Butler coma un intento eticamente motivado, dirixido máis a unha radicalización de axente da democracia que a un interese feminista.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Queer]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.egs.edu/faculty/judith-butler/biography/ Judith Butler] Faculty page @ European Graduate School. {{en}}
* [http://www.theory.org.uk/ctr-butl.htm Sobre Judith Butler] {{en}}
Liña 71:
[[he:ג'ודית באטלר]]
[[hu:Judith Butler]]
[[is:Judith Butler]]
[[it:Judith Butler]]
[[ja:ジュディス・バトラー]]