Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*Otomano -> Otomán
Liña 1:
{{Historia do Exipto}}
 
[[Exipto]] foi conquistado polo [[Imperio OtomanoOtomán]] no [[1517]]. Resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos [[mameluco]]s até ser conquistada polos [[Napoleón|franceses]] en [[1798]]. Unha vez expulsados, foi gobernado polo [[Albania|albanés]] [[Muhammad Alí de Exipto]] e os seus sucesores, que apartaron a Exipto ainda máis do control otomano. Esta situación durou até [[1882]], cando o [[Reino Unido]] invadiu Exipto e o convertiu nunha colonia.
 
==Primeiro período turco==
Após a conquista de Exipto, o [[sulmán]] [[otomano]]otomán [[Selim I]] abandonou o país deixando ao seu virrei [[Khair Bey]] cunha garda de 5000 [[xenízaro]]s, mais sen realizar alteracións na administración do país. Exipto víase como un estado vasalo, non como unha provincia, do imperio.
 
A historia dos comezos do Exipto otomano é a dunha competición polo poder entre os mamelucos e os representantes do sultán otomano. Os mamelucos continuaron posuindo a maior parte das terras como un [[feudo]], o que lles permitiu retornar a ocupar posicións de grande influencia. Os emires mamelucos ficaron como cabezas das doce [[sanxac]]s nas que se dividiu Exipto, e baixo o seguinte sultán, [[Suleimán I]], creáronse dúas cámaras, chamadas o [[Diván]] Maior e o Menor, nas que estaban representados o exército e as autoridades relixiosas, para axudar ao [[paxá]] nas súas deliberacións. Aos seis reximentos creados por Selim para a protección do Exipto Suleimán acrescentou outro, o dos [[circasiano]]s.
Liña 32:
 
==A ocupación francesa==
[[Ficheiro:Francois-Louis-Joseph Watteau 001.jpg|right|thumb|275px|''Batalla das Pirámides'', [[Francois-Louis-Joseph Watteau]], 1798-1799.]]
O propósito aparente da expedición francesa a Exipto era o de restaurar a autoridade da Sublime Porta e suprimir os mamelucos. Na proclamación impresa ao pouco de ocupar [[Alexandría]], Napoleón declaraba reverenciar ao profeta [[Mahoma]] e ao [[Corán]] máis do que os propios mamelucos; afirmaba tamén que todos os homes son todos iguais coa soa diferenza das súas excelencias intelectuais e morais, que non abundaban entre os mamelucos. Prometía que no futuro todos os cargos en Exipto estarían abertos a todas as clases de habitantes, que a xestión dos asuntos públicos se deixaría na man de homes de talento, virtude e educación e que, como proba de que os franceses eran sinceros musulmáns, estes un día derrocarían o papa de Roma.
 
Liña 43:
Do período de ocupación francesa a obra máis duradoira foi a ''[[Descrición do Exipto]]'', compilada polos estudosos que acompañaron á expedición.
 
==Regreso ao control otomanootomán==
Ao pouco de teren os franceses abandonado Exipto, o país viuse envolto en máis problemas como consecuencia dos intentos por parte dos turcos de destruir o poder dos mamelucos. Desafiando as promesas feitas aos británcios, instruíuse ao paxá Husain, o almirante turco, para que se desfixese dos principais beys, o que levou aos turcos a enfrentarse con aqueles.