Conflito árabe-israelí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
*Otomano -> Otomán
Liña 1:
O '''conflito árabe-israelí''' comeza coa descolonización de [[Reino Unido]] e [[Francia]] da ribeira oriental do [[Marmar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito.
 
==Historia==
===Circunstancias===
*O [[sionismo]] como movemento nacionalista dos xudeus da diáspora que reclamaban a volta á Terra (''Haaretz'') dende finais do [[século XIX]] ata a [[Segunda Guerra Mundial]], sobre todo na década dos anos 20.
*A desaparición do [[Imperio OtomanoOtomán]] trala [[Primeira Guerra Mundial]] e consecuente aparición de novos focos de poder en [[Oriente Medio]].
*O [[Holocausto]] da Segunda Guerra Mundial que provocará en última instancia o definitivo asentamento da diáspora xudía en [[Palestina]].
*O desprazamento de millóns de árabes trala creación do moderno Estado de [[Israel]] que provocará tensións nos países de maioría árabe musulmá.
Liña 10:
===Orixe===
En [[1947]], a decisión do [[Reino Unido]] de descolonizar [[Palestina]], deixa a administración desa terra en mans da [[ONU]]. Quen ten moitos problemas en conter ós cada vez máis numerosos conatos de violencia entre xudeus e musulmáns, e entre cada un destes contra a ONU. O [[29 de novembro]] de 1947 a ONU aproba un plan de partición en dous zonas a repartir entre os grupos maioritarios: unha xudía e outra árabe. O resto de minorías (cristiáns armenios, ortodoxos, drusos, turcománs,etc), acabarán por asentarse en gran proporción na zona xudía por ser esta a que resulte nun estado de dereito.
 
O [[14 de maio]] de [[1948]], [[David Ben Gurion]] proclama a independencia do Estado de Israel. [[Xordania]], [[Exipto]], [[Líbano]], [[Siria]] e [[Iraq]] deciden atacar [[Israel]] (ver [[guerra árabe-israelí]], tamén coñecida como Guerra da Independencia de Israel ou Al Nacba). Prodúcense os maiores desprazamentos de refuxiados na historia da zona en conflito: uns 700.000 xudeus son expulsados dos países árabes cara Israel, país este que aproveitará para conseguir certo poder demográfico, e un número similar de árabes son expulsados de Israel cara os países veciños, onde non serán acollidos, senón tratados en calidade de refuxiados permanentes. A guerra finaliza coa firma da tregua ([[Armisticio de Rodas]]). Só Exipto e Xordania remataron por firma-la paz e recoñece-lo Estado de Israel (en [[1978]] e [[1994]] respectivamente).
 
Liña 24 ⟶ 25:
En outubro de 1973, Siria e Exipto lanzan un ataque coordinado para recupera-las posesións conquistadas por Israel seis anos antes. Os árabes aproveitan a iniciativa de batalla e logran recuperar parte dos Altos do Golán. Pero tras tres semanas de batalla, os israelís conseguen destruír ó exército sirio e rodean as posicións exipcias no deserto do Sinaí. A ameaza soviética de tomar partido polos árabes fai que os [[EUA]] convenzan a israel de asinar un alto o fogo.
 
O [[18 de setembro]] de [[1978]], Israel, Exipto e os EUA firman os '''[[Acordos de Camp David]]''' , polos que Israel devolve o Sinaí a Exipto e este recoñece o dereito a existir de Israel.
 
===A guerra do Líbano===