Agapito II, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
aumentado desde es:Agapito II
Liña 3:
{{PapS-X}}
 
[[Ficheiro:Agapito II.jpg|thumb|left|Agapito II200px]]
 
'''Agapito II''', nado en [[Roma]] e finado en [[outubro]] de [[955]], foi o [[Papa]] n.º 129 da [[Igrexa católica]] de [[946]] a [[955]].
 
==Traxectoria==
Foi elixido papa, ao igual có seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano [[Alberico II]], que ao igual cá súa nai [[Marozia]], someteu durante décadas aos pontífices á súa vontade.
 
Durante o seu pontificado, en [[947]] faleceu [[Hugo de Arles]] cando xa abdicara como rei de Italia a favor do seu fillo [[Lotario]]. Este morreu no [[950]] envelenado por [[Berengario II de Ivrea]], quen se fixo coroar rei de Italia xunto ao seu fillo [[Adalberto]], e para afianzar a súa posición, quixo casar a este coa viúva de Lotario, [[Adelaida de Borgoña]]
 
Adelaida pediu auxilio ao rei xermano [[Otón I de Alemaña|Otón I]], que no [[951]] entrou en Italia, e en [[Pavía]] se fixo proclamar rei dos francos e os lombardos e casou con Adelaida. Ante isto, Berengario cedeu e aceptou rendirlle vasalaxe, polo que foi recoñecido como rei de Italia.
 
Con esta intervención, Otón I perseguía ser coroado emperador polo papa Agapito II, pero Alberico opúxose e obrigou ao Papa a enviar unha embaixada ao rei alemán na que lle comunicaba a súa negativa á coroación imperial.
 
Esta non foi a última proba de forza por parte de Alberico II, pois antes de morrer no [[954]], fixo xurar ao pobo romano e ao papa Agapito que ao falecer este sería elixido como pontífice o seu propio fillo Octaviano.
 
[[Categoría:Papas]]