Saga de Pilaf: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
Unha rapaza de 16 anos chamada Bulma atopou unha bóla do dragón no faiado da súa casa. Tras saber que reunindo tódalas bólas (sete en total) aparecería o dragón sagrado, chamado [[Shenron]], e concedería un desexo, lanzouse na súa procura. Para isto inventou un radar que captura as pequenas vibracións que emiten as bólas, indicando así o lugar onde se atopan.
 
Así comeza a historia; pero cando Bulma estaba a busca-la terceira bóla atropelou a un estraño neno con rabo e con gran forza e resistencia: Son Goku. Este, crendo que lle atacaba un monstro reaccionou erguendo o coche de Bulma e lanzándoo, resistindo ademais os disparos de Bulma, que tería que lle explicar que ela non é ningún monstro, senón unha rapaza. Así coñeceríanse Bulma e Songoku.
 
Ademais, Son Goku posúe a bóla do dragón de catro estrelas, un agasallo do seu avó [[Son Gohan Ojichan|Son Gohan]] xa morto e que usa para falar con el. Son Goku non sabe nada da lenda do dragón polo que Bulma explícalle a historia das bólas e pídelle a súa. Son Goku negarase posto que é a única lembranza do seu avó polo que Bulma dille que o acompañe a buscalas. Deste xeito, non perdería a bóla e podería usar ó incrible Son Goku coma axuda.