Espírito Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ta:தூய ஆவி
Liña 26:
Co gallo deste engadido, [[Constantinopla]] e [[Roma]] cruzáronse anatemas e deron lugar ao [[Gran Cisma]] de Oriente (1054), que chega aos nosos días. As Igrexas ortodoxas consideraron o termo ''filioque'' como unha traizón aos concilios da Igrexa indivisa. Puña en cuestión a monarquía do Pai como como creador dende toda a eternidade; o Fillo e o Espírito participan plenamente da omnipotencia divina dada antes de tódolos séculos pola orixe paterna. Se Deus é Amor, o Pai, na entrega que fai de si mesmo no seo da Trindade, doa o seu Amor, xa que logo, o Espírito procede del. Hoxe en día, as xerarquías das Igrexas católica e ortodoxa teñen afirmado que esta diversidade terminolóxica non manifesta unha fe diferente, máxime cando, como afirman os teólogos de ámbalas confesións, na vida divina non é concibible un antes e un despois temporal.
 
Nas Igrexas ortodoxas a vida cristiá é, ante todo, unha vida no Espírito. Isto desenvolveuse en maior grao que no catolicismo, onde se veu insistindo máis no cumprimento de preceptos morais en orde a gañar a [[Vida Eterna]]. Na ortodoxia, xa dende autores medievais como [[Nicolás Cabasilas]] ou [[Gregorio PalamásPalamas]] ten un papel central a recepción das ''enerxías divinas'' a través da oración do corazón. Elas son expresión da acción do Espírito que nos fai vivir, xa neste mundo, a divinohumanidade como manifestación do don gratuíto da salvación.
 
Para o protestantismo, dende o propio [[Martiño Lutero]], o gran don do Espírito é a Fe en Xesús. Ela soa, por pura [[Graza]], regálanos a salvación sen necesidade das boas obras e sen mediación eclesial a través do falso sacramento da orde sacerdotal. A xustificación pola Fe será a afirmación central que o leve a romper con Roma e dar comezo á [[Reforma]].