Lenda urbana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:現代傳說; cambios estética
Liña 1:
'''Lenda urbana''' é un termo cuñado nas décadas recentes e apropiado pola ciencia folklórica e a etnografía para designar narracións e contos populares propios das sociedades modernas contemporáneas altamente urbanizadas, que reunen características análogas ás dos relatos tradicionais, en canto o maravilloso e inefábel é parte importante de moitas destas historias recentes. Alternativamente emprégase o termo '''lenda contemporánea''', que está avalado pola [[Sociedade Internacional para o Estudo da Lenda Contemporánea]] (ISCLR), institución creada en [[1987]], precisamente con a finalidade de analizar e descreber a lenda urbana, termo este que ela mesma utiliza dado o seu enraizamento na bibliografía folklorista internacional
 
== O termo ==
O vocábulo semella que apareceu primeiro nos [[Estados Unidos de América]]. En [[1978]] [[Alan Dundes]] e [[Carl R. Pagter]] utilizaron o termo “Urban Folklore”, e tres anos despois, en 1981, o estudoso [[Jan Harold Brunvand]], profesor na Universidade de [[Utah]], publicou o libro ''The Vanishing Hitchhiker: American Urban Legends and Their Meanings'' (A autoestopista esvaescente: lendas urbanas americanas e os seus significados), no que analizaba eses novos “folktales” e os puña en relación con materiais tradicionais; esta obra popularizou o termo. Rapidamente o termo foi, máis que traducido, calcado a outros idiomas: ''lenda urbana'' en portugués, ''legende urbaine'' en francés, ''leggenda urbana'' ou mesmo ''leggenda metropolitana'' en italiano, ''leyenda urbana'' en español, ''Grosstadt Sage'' ou ''Städtische Sage'' en alemán, ''llegenda urbana'' en catalán, ''miejska legenda'' en polonés, etc.
 
== Caracteres ==
 
As lendas urbanas o son en virtude de que transmiten feitos fabulosos, pero como se fosen reais, como ocorre con a lenda tradicional. O seu carácter fabuloso, é dicer non verdadeiro ou irracional, só se evidencia para a persoa crítica ou para o analista que o investiga, porque para o seu transmisor popular é algo real ou, polo menos, verosímil ou ilusorio.
Liña 10:
Analogamente, como nas lendas tradicionais, as urbanas posúen unha [[estrutura]] definida: protagonistas arquetípicos (un home, unha muller, un mozo, un matrimonio, etc) que se moven polo xeral nun lugar concreto (unha estrada de [[Cantabria]], a cidade de [[Madrid]] ou [[Nova York]], o hospital dun determinado lugar, etc) e nun tempo sempre pasado, pero que a diferencia das lendas tradicionais non é remoto, senón máis ou menos inmediato, o que resalta a súa contemporaneidade. Do mesmo xeito que nas lendas e contos tradicionais, o moderno recitador, que narra en terceira persoa, alude con frecuencia a fontes de información máis ou menos verificábeis, das que a máis utilizada acostuma ser a de “un amigo dun amigo”, o que a emparenta con as simples anecdotas e sucedidos vulgares. A pesar de toda esta estrutura narrativa, o ambiente espazo-temporal resulta impreciso, dunha vaguedade que novamente entronca a lenda urbana co conto folklórico tradicional.
 
== Motivos ==
 
A lenda urbana ten xerado motivos ou argumentos básicos tan tipificábeis como os motivos dos contos e lendas tradicionais. Estes motivos, con diversas variantes, teñen alcanzado, en varios casos, difusión internacional, ben por vías de transmisión oral, ben por medio dos modernos medios de comunicación de masas. Algúns destes motivos mesmo foron xa obxecto de estudo aparte e publicación por parte de especialistas.
Liña 16:
Velaí algún deles:
 
* A rapaza autoestopista que aparece nun curva dunha estrada onde ela mesma perdeu a súa vida.
* O mozo raptado para lle roubar un [[ril]] que será usado para transplantes.
* O taza de váter que explota, queimando ao seu usuario, un fumador.
* Os grandes saurios ou [[réptil|répteis]] que viven nas cloacas das grandes cidades.
* As mulleres secuestradas nos probadores das tendas de roupa.
* [[Calcomanía]]s impregnadas de droga para conseguir novos adeptos á mesma.
* Audición de mensaxes [[Satán|satánicasatánicas]]s nos discos dos grupos de [[Rock and roll|música rock]] se son escoitados facendo xirar o tocadiscos ao revés.
* A persoa “cocida” ou esterilizada por exposición aos [[raios ultravioleta|raios UVA]].
* O [[can]] traído dunha viaxe ao estranxeiro e que resulta ser unha variante de [[rata]] xigante que ataca os animais domésticos autóctonos e, incluso, os nenos.
* A [[Gran Muralla chinesa]] é a única construción humana visíbel desde a [[Lúa]].
* Sociedades ecoloxistas soltan [[lobo]]s no campo.
 
 
== Bibliografía ==
 
* Brunvand, Jan Harold, ''The Vanishing Hitchhiker: American Urban Legends and Their Meanings''. New York / London. Norton. 1981.
Liña 36:
* Halperín, Jorge, ''Mentiras verdaderas''. Buenos Aires. Atlántida. 2000.
* Pedrosa, José Manuel, ''La autoestopista fantasma y otras leyendas urbanas españolas''. Madrid. Páginas de Espuma. 2004.
* Ortí, Antonio; Sempere, Josep, ''Leyendas urbanas''. Madrid. Edic. Martínez Roca. 2007
 
 
 
[[Categoría:Folklore]]
Liña 72 ⟶ 70:
[[tr:Şehir efsanesi]]
[[uk:Міські легенди]]
[[zh:都會現代]]
[[zh-min-nan:To͘-chhī thoân-kî]]