Wikipedia:Preguntas máis frecuentes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
algo de estilo semellante a outras páxinas de axuda (tirado de en.wp)
Toliño (conversa | contribucións)
comezo a traducir as preguntas frecuentes de en.wp, con adaptacións á Galipedia
Liña 6:
 
==Que é a Wikipedia? Cales son os seus obxectivos?==
:A [[Wikipedia]] é unha enciclopedia de contido libre baseada na tecnoloxía [[wiki]], a cal permite a súa edición por calquera usuario desde un [[navegador web]]. A Wikipedia está dispoñible en moitas linguas e é desenvolvida de xeito colaborativo por centos de voluntarios que poden ser sumamente heteroxéneos, achegando, ademais de diferentes linguas, diferentes culturas e mesmo civilizacións.
 
==Que é a Galipedia?==
:É o nome que a comunidade de editores lle deu á [[Wikipedia en galego]]. A [[Galipedia]] botou a andar o [[8 de marzo]] de [[2003]].
 
==Como creo unha páxina nova?==
:Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina [[Wikipedia:Como rexistrarse]].
:Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en [[Wikipedia:Como crear unha páxina]].
 
==Por que borraron o meu artigo?==
:O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o [[Especial:Rexistros/delete|rexistro de borrados]] (escribe o nome ''exacto'' do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).
 
==Como troco o nome dun artigo?==
:Para [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|trasladar]] o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un [[Wikipedia:Usuarios autoconfirmados|usuario autoconfirmado]], o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está [[Wikipedia:Política de protección de páxinas|protexida]], solicítao en [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios]].
 
==Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?==
:Para cambiar o teu nome de usuario realiza unha solicitude en [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios]].
 
:Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, no entanto, solicitar un [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios|cambio de nome]] e que as túas páxinas de usuario e mais de conversa sexan borradas incluíndo o marcador {{tl|Lixo}} en ambas.
 
==Cando se publicou a Wikipedia por vez última?==
:A Wikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante renovación.
 
==Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?==
:Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "'''historial'''" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina [[Wikipedia:Como comezar a colaborar]].
 
==A quen pertence a Wikipedia?==
:''Véxase [[Wikipedia:FAQ/Xeral#A quen pertence a Wikipedia?]] para obter máis detalles.''
 
==Por que hai problemas co acceso ao sistema?==
:''Véxase [[Wikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema]] para obter máis detalles.''
 
==Hai dispoñibles contadores de estatísticas?==
:Existe un [http://stats.grok.se/gl sitio], non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles [http://wikistics.falsikon.de/ aquí].
<!--
==Como podo colaborar coa Galipedia?==
Podes colaborar de moitos e diversos xeitos: [[:Categoría:Wikipedia:En progreso|ampliando artigos curtos]], [[Wikipedia:Como crear unha páxina|escribindo novos artigos]], [[Wikipedia:Erros de ortografía|corrixindo erros]], [[:Categoría:Artigos sen imaxes|proporcionando imaxes ou fotografías]] para ilustrar os artigos, e de outras moitas máis maneiras que se che poidan ocorrer!
Liña 34 ⟶ 64:
==Quero colaborar, mais non estou seguro de saber como facelo...==
Se non sabes como funcionan as páxinas wiki, olla a [[Wikipedia:Guía de edición|guía básica de edición]]. Nesa páxina acharás os recursos máis utilizados na Galipedia, cos que poderás ter as nocións básicas para [[Wikipedia:Como editar unha páxina|saber editar páxinas]].
-->
|}