Edificio Kirkbride: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traducción da páxina en francés
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2010 ás 12:21

Durante a segunda metade do século XIX, o estado americano inviste grandes cantidades de cartos para encargarse dos doentes con problemas mentais. Estes pasan progresivamete das cadeas para enfermos aos lugares especificamente apropiados para sandar as súas doenzas.

O doutor Thomas Story Kirkbride (1809-1883) foi un médico psiquiátrico americano que tivo unha forte influenza sobre a concepción de hospitais psiquiátricos nos Estados Unidos na segunda metade do século XIX. O término de Kirkbride Building asóciaselle. Segundo este médico a construcción mesma dos edificios destinados a recibi-los doentes ten influencia sobre a cualidade das curas que lle son aportadas.

Un certo número de hospitais psiquiátricos construídos entre 1850 e 1900 seguen as súas recomendacións. A importante achega financeira dos poderes públicos permite construir uns conxuntos moi luxosos para a súa época.

Descripción dos principios dos edificios tipo «kirkbride»

  • Homes e mulleres son situados en dúas ás diferentes do edificio.
  • Os locais administrativos están no centro do edificio.
  • Os doentes con problemas máis serios están alonxados dos edificios administrativos e dos doentes con problemas máis lixeiros.
  • Kirkbride recomenda situa-los hospitais nun entorno natural, lonxe da atmósfera viciada e ruidosa das vilas.

Decline

Estes principios, despois de ter coñecido certo suceso, pasan a estar obsoletos no curso do século XX. As novas terapias, o fracaso relativo da terapia mental promovida por Kirkbride, e os custos importantes de mantemento dos edificios remataron desgraciadamente (xa que contaban con grande riqueza patrimonial) polo abandono ou a destrucción destes edificios.

Ligazóns externas