Couzadoiro, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
actualizo datos
PepedoCouto (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 17:
==Xeografía==
[[Ficheiro:Mapa San Cristovo.PNG|thumb|225 px|left|Localización da parroquia no concello de Ortigueira]]
Couzadoiro está situada na parte oriental do concello no curso medio do [[río Baleo]] e na aba occidental da [[Serra da Faladoira]], do coto de Roca e dos montes do Burgo. Os lindes da parroquia son: [[San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira|San Salvador de Couzadoiro]] ao norte. Este linde vai dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de [[Mañón]] dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouráz, polo suroeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de [[Devesos, Ortigueira|Devesos]], e polo oeste limita coa parroquia de [[Cuíña, Ortigueira|Cuíña]] no monte da Penouseira.
 
Dende a estrada [[AC 682]] na Ponte do Baleo, parte outra que nos leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.
 
O río Baleo duns 14 quilómetros, forma este precioso val, e dada a grande cantidade de regos e regatos de certa importancia que nel conflúen, vai recibindo distintos nomes ao longo do seu curso. Na parte alta chámaselle o río das Mestas, máis abaixo é o río Grande, e xa cercanopreto ada enseada de Ladrido onde desemboca, coñécese coma Baleo.
 
==Patrimonio==