Xustino II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Chustín II
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sv:Justinus II (bysantinsk kejsare); cambios estética
Liña 4:
Adóitase xulgar que a súa política, nada conciliadora, non foi a máis oportuna para enfrontar os perigos que ameazaban o territorio do imperio, o brillante legado do seu predecesor.
 
== Ameazas en Occidente ==
 
=== Longobardos e Xépidos ===
 
Ao principio do seu reinado, ante a guerra que comezaron os [[longobardos]] cos [[xépidos]] en [[Panonia]] actuou con pasividade, aínda que uns e outros o tentaron con promesas. Os longobardos aliáronse cos [[ávaro]]s e os xépidos pediron axuda a Xustino a cambio de [[Sirmium]] (actual [[Sremska Mitrovica]]). Unha forza bizantina relevou ao destacamento xépido na cidade, o único premio do imperio durante todo o período. O imperio bizantino non interveu máis. Os ávaros non chegaron a tempo á batalla que terminou coa derrota definitiva do poder xépido. O rei longobardo [[Alboíno]] cortou a cabeza do rei derrotado [[Cunimundo]] e fabricouse unha cunca con ela. Ademais, nunha mostra excesiva de confianza, tomou á filla do rei [[Rosamunda]] como botín de guerra e converteuna na súa esposa. En [[573]] Alboíno foi asasinado nun golpe instigado por Rosamunda.
 
=== A Invasión de Italia polos longobardos ===
 
Mentres tanto quedaran só dous protagonistas máis aló do [[Danubio]] que se repartían o botín dos xépidos. En [[568]] Alboíno, quizais incómodo por ter aos ávaros como veciños, convenceu aos longobardos de penetrar en [[Italia]]. No primeiro ano invadiron a zona que rodea [[Venecia]] e estendéronse polo norte de Italia. Ao ano seguinte conquistaron a maior parte de [[Liguria]]. Era ademais unha forza imparábel que non saqueaba senón que se asentaba. As forzas bizantinas de enclaves illados que os enfrontaban non estaban ben preparadas. Italia, ademais, estaba ultimamente esquilmada e extenuada polas pragas. [[Narsés]], o rival de [[Belisario]], a quen se acusaría de chamar aos longobardos, dimitira do mando o ano anterior con motivo das protestas a Xustino de cidadáns de Roma.
Liña 19:
Estes esperaron a que o imperio tivese algunha desfeita, e iso sucedeu en [[573]].
 
=== Península Ibérica ===
 
No territorio da [[península ibérica]], entre [[569]] e [[572]] o rei godo [[Leovixildo]] acosou ao imperio, a quen tomou [[Córdoba, España|Córdoba]] e outras cidades, e fixo a paz en [[572]], recoñecéndose mutuamente os seus territorios. Non foi ata o reinado de [[Suintila]] cando os territorios bizantinos en [[Hispania]] foron asimilados.
 
== A guerra persa ==
 
En [[571]] os [[armenios]] se rebelaron contra o rei [[Cosroes]] e apelando á fe cristiá que compartían pediron a axuda de Xustino. A guerra persa contra o rei [[Cosroes]] renovouse en [[572]].
Os bizantinos tiveron inicialmente boa fortuna; pero Xustino cometeu erros, como cambiar innecesariamente o mando do exército, que se amotinou deseguido, en pleno asedio de [[Nisibis]], ou se enfadar cos seus imprescindíbeis aliados [[gasánidas]] (tamén de credo [[monofisita]]) que se retiraron e deixaron o paso libre aos persas para que abordelasen [[Siria]], onde tomaron innumerables cativos. Logo de cinco meses de asedio o bispado de [[Daras]], a beiras de río Bouron, caeu en novembro de [[573]]. Dise que a noticia do desastre afectou mentalmente a Xustino II. A súa esposa Sofía, que se fixo cargo do goberno, comprou unha paz dun ano e logo unha tregua de tres anos a Cosroes. Por entón os ávaros, que esperaran a súa oportunidade, presionaban en [[Dalmacia]] ás forzas ao mando de Tiberio Constantino. O tratado de paz que conseguiron (80.000 moedas de prata, moito máis caro que o subsidio orixinal) evidenciou o fracaso da súa política.
 
== Política relixiosa ==
 
Na política relixiosa, aconsellado por [[Xoán de Sirimis]], Xustino II iniciou unha persecución impopular do poderoso clero monofisita. A emperatriz Sofía, así como a súa tía [[Teodora]], e probabelmente o mesmo Xustino, profesaran abertamente este credo. Os monofisitas foron humillados e perderon eventualmente os seus privilexios.
Liña 43:
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Imperio Bizantino]]|
DINASTIA= [[ Dinastía Xustiniana]]|
ANTES= [[ Xustiniano I]]|
DEPOIS= [[ Tiberio II]]|
DATA_ENTRADA=[[565]]|
DATA_SAIDA=[[578]]|
Liña 80:
[[sk:Justinius II.]]
[[sr:Јустин II]]
[[sv:Justinus II (bysantinsk kejsare)]]
[[th:จักรพรรดิจัสตินที่ 2]]
[[tl:Justin II]]