Arosa Sociedad Cultural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro título
completo a redución da historia
Liña 33:
En menos de tres anos, o Arosa SC consegue pasar de [[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A]] a [[Segunda División Española]]. Consegue o ascenso na tempada [[1948]]-[[1949|49]] (o [[17 de abril]] de [[1949]], ao vencer en [[Estadio de Riazor|Riazor]] o [[Club Juvenil de La Coruña|Xuvenil da Coruña]] (2-0) e proclamándose subcampións trala [[Sociedad Deportiva Orensana|Orensana]]. O Arosa militou en Segunda División durante dúas tempadas.
 
Desde esa época o equipo moveuse dúas décadas por categorías galegas, ata que en [[1975]] ascende a [[Terceira División Española|Terceira]]. En [[1981]] xoga a súa primeira promoción de ascenso a [[Segunda División B Española|Segunda B]], e cae derrotado en [[Reus]], mentres dous anos máis tarde, en [[Olot]], o [[18 de xuño]] de [[1983]], consegue o pase á categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o [[Mestalla]] e o [[Olot]], neste caso por (1-0) e (2-0). Nos anos seguintes desputa varias tempadas en Segunda B, e en [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] enfróntase á [[Real Sociedade]] e ao [[Osasuna]]. O seu último ascenso a Segunda B produciuse en [[1993]], cando despois de proclamarse campión de [[Terceira División Española|Terceira]] por primeira vez na súa historia, ascende logo de derrotar o [[Moscardó]], o [[Lealtad de Villaviciosa]] e o [[Rbert]] de [[Salamnca]]. Descende a Terceira en [[1994]], e a partir de aí comeza unha serie de tempadas nas categorías inferiores do fútbol galego, ata hoxe en día. O clube conta na actualidade cuns 350 socios {{cómpre referencia}}
===Cuarto ciclo: 1969-1975===
En categoría rexional, aínda que moi parecida á anterior Terceira División o equipo, o xogo e a afección vanse refacendo progresivamente até culminar co histórico ascenso de Cangas a unha Terceira División equivalente ao que hoxe é a Segunda División B. Desde o punto de vista deportivo e social a segunda parte deste ciclo,entre 1972 e 1975, quizais sexa do mellor na historia do club. O equipo que logrou o histórico ascenso en Cangas o 25 de maio de 1975 tras empatar 0-0 e proclamarse campión da Rexional Preferente Galega en dura pugna co Compostela, foi o seguinte: Claudio; JM Gómez, Penas, Tinín; Lezcano, Valentín Alcalde (M.Jiménez); Coira I, Núñez, Chenel, Javier Gª-Toriello (Coira II) e Carolo I. A técnico era o monfortino Antonio López "Quis".
 
===Quinto ciclo: 1975-1983===
Un bo ciclo no que se milita nunha Terceira División que transcende as fronteiras galegas e que culmina co histórico ascenso a Segunda División B en Olot o 18 de xuño de 1983, tras habelo tentando dous anos antes en Reus. Baixo a dirección técnica do actual presidente do club José Manuel Gómez, o equipo logrou o subcampeonato tras o Pontevedra no Grupo I da Terceira División, e tras eliminar ao Mestalla na primeira eliminatoria de ascenso, perdíase en terras xerundenses por 1-0, pero o 2-0 conseguido na Lomba significaba o ascenso. O equipo que o logrou foi o seguinte: Nano Sánchez; Sáez, Lezcano, Moncho Carneiro, Ayala (Panocha); Berto Amoedo, Barciela, Benito; Nicolás, García Barrio e Guisande.
 
===Sexto ciclo: 1983-1994===
Durante estes once anos milítase en sete deles en Segunda División B, os tres primeiros (83-86) con só dous grupos e o resto con catro grupos. Xunto a excelentes tempadas e históricas participacións na Copa do Rei como a xa apuntada ante a Real Sociedade e unha posterior ante Osasuna, hai outras moi decepcionantes, pero en xeral pode dicirse que se trata dun ciclo importante dentro da historia deportiva, aínda que non na económica, do club. As 4 campañas, en dúas épocas distintas, en que Félix Carneiro dirixiu ao equipo coinciden co mellor do ciclo. O maior fito deportivo neste período foi o ascenso a Segunda División B conseguido na Lomba o 27 de xuño de 1993 ante o Ribert de Salamanca ao que se lle vence por 3-0. E nesa fase de ascenso o Arousa enfrontouse tamén ao Moscardó e á Lealdade de Villaviciosa tras haberse proclamado, por primeira vez na súa historia, campión do Grupo Primeiro da Terceira División. O equipo que presentou Félix Carneiro aquela tarde foi o seguinte: Suso Costas; Jorge, Gabriel, Adriano, Jav. Fontán; Capi, Juancho Armental, Alfonso (Luís García), Milucho Clemente; Richard I e Caché (Covelo).
 
O clube conta na actualidade cuns 350 socios {{cómpre referencia}}
 
==Datos do club==