Arosa Sociedad Cultural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
empezo a reducir e amañar
redución
Liña 43:
Durante estes once anos milítase en sete deles en Segunda División B, os tres primeiros (83-86) con só dous grupos e o resto con catro grupos. Xunto a excelentes tempadas e históricas participacións na Copa do Rei como a xa apuntada ante a Real Sociedade e unha posterior ante Osasuna, hai outras moi decepcionantes, pero en xeral pode dicirse que se trata dun ciclo importante dentro da historia deportiva, aínda que non na económica, do club. As 4 campañas, en dúas épocas distintas, en que Félix Carneiro dirixiu ao equipo coinciden co mellor do ciclo. O maior fito deportivo neste período foi o ascenso a Segunda División B conseguido na Lomba o 27 de xuño de 1993 ante o Ribert de Salamanca ao que se lle vence por 3-0. E nesa fase de ascenso o Arousa enfrontouse tamén ao Moscardó e á Lealdade de Villaviciosa tras haberse proclamado, por primeira vez na súa historia, campión do Grupo Primeiro da Terceira División. O equipo que presentou Félix Carneiro aquela tarde foi o seguinte: Suso Costas; Jorge, Gabriel, Adriano, Jav. Fontán; Capi, Juancho Armental, Alfonso (Luís García), Milucho Clemente; Richard I e Caché (Covelo).
 
O clube conta na actualidade cuns 350 socios {{cómpre referencia}}
===Sétimo ciclo: 1994-2006===
Tras o último descenso de Segunda División B en 1994 éntrase no peor ciclo deportivo do club. O equipo andou moitas tempadas "arrastrado" pola cola da Terceira División e mesmo se militou na Rexional Preferente na campaña 2000-2001. A afección leva durante todo este período afastada do club e as actuacións deportivas foron reiteradamente mediocres, cun progresivo afastamento da masa social que pasa de 1200 socios aos 350 existentes na actualidade.
 
==Datos do club==