Esterano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Arranxos menores
Toliño (conversa | contribucións)
fóra as parénteses e dúas ligazóns internas
Liña 1:
[[Ficheiro:Cpphf.JPG|thumb|200px|Estrutura da molécula.]]
O '''esterano''', (tamén chamado '''ciclopentanoperhidrofenantreno''' ou '''gonano'''), é unha [[molécula]] complexa procedente dun [[hidrocarburo]] [[policíclico]] que se pode considerar produto da saturación do [[fenantreno]] asociado a un anel de [[ciclopentano]]. Posúe 17 átomos de [[carbono]]. Desta base estrutural derivan os [[esteroide]]s, que son a molécula base para multitude de moléculas de orixe lipídico, como os esterois (colesterol), ácidos biliares e hormonas esteroideas como as sexuais.
 
As sustancias que derivan deste núcleo amosan [[grupo metilo|grupos metilo]] -CH3, nas posicións 10 e 13 para integrar os carbonos 18 e 19; xeralmente existe unha cadea lateral no carbono 17, a lonxitude de dita cadea e a presenza de metilos no carbono 10 e 13 determina as diferentes estruturas destas sustancias.
 
É o precursor do [[colesterol]], o cal é un compoñente importante das [[Membrana plasmática|membranas plasmáticas]] eucariontes[[eucarionte]]s e atópase en menor medida nas membranas dos [[orgánulo]]s. O colesterol é moi importante, xa que tamén é o precursor de todas as [[hormona esteroidea|hormonas esteroideas]] e dos [[ácido biliar|ácidos biliares]].
 
{{Química en progreso}}