Decadencia do Imperio Romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Rómulo Augústulo
m poño ligazóns internas
Liña 1:
[[Ficheiro:Roma.Porta Maggiore incisione Piranesi.jpg|thumb|400px|A [[Porta Maggiore]] de [[Roma]]. Grabado de [[Giovanni Battista Piranesi]] ([[1775]]).]]'''A decadencia e caída do [[Imperio Romano de Occidente|Imperio Romano]]''' é un concepto historiográfico que fai referencia ás transformacións operadas durante a [[Anarquía Militar]] e o [[Baixo Imperio Romano]], que a partir de [[395]] conduciron a un rápido deterioro do poder romano, e ao afundimento do [[Imperio de Occidente]], cuxo derradeiro emperador efectivo, [[Rómulo Augústulo]], foi deposto polo caudillo [[hérulo]] [[Odoacro]], empregado ao servizo de Roma.
 
A decadencia e caída do Imperio Romano é unha das cuestións máis debatidas e estudadas da [[Historia]]. É considerada por algúns como ''"o maior enigma de todos"'', e foi un dos eixos do discurso histórico clásico dende [[Santo]] [[Agostiño de Hipona]]. A ruína da -Roma eterna- perdurou como o paradigma por excelencia do esgotamento e morte das civilizacións, unha caducidade mundana interpretada como o precedente e anuncio da [[Fin da civilización|fin do mundo]] ou, polo menos, da [[civilización occidental]]. Os ss. [[Século XX|XX]] e [[Século XXI|XXI]] viron multiplicarse o interese por este problema histórico, debido probablemente ao feito de que a civilización contemporánea ten moitos trazos comúns coa da [[Antigüidade Tardía]], e a que a cultura occidental está nun período de transición, como a Roma dos ss. [[Século III|III]] e [[Século IV|IV]].<ref>(Blázquez 1973: 113).</ref>
 
A [[historiografía]] oscilou entre unha interpretación minimalista (a interrupción da serie de emperadores na parte occidental do Imperio) e unha maximalista (o afundimento dunha civilización e a creba dunha historia do mundo dividida en dúas etapas: unha antiga-pagá e outra moderna-cristiá). De igual xeito, dun extremo ao outro do espectro de teorías propostas, considerouse o proceso como unha longa transformación debida a fenómenos endóxenos (a "decadencia") ou un derrumbamento de súpeto por causas fundamentalmente esóxenas (a "caída").
 
Na actualidade predominan as teorías esóxenas menos dramáticas, aínda que sen restaren importancia aos problemas internos e ás consecuencias que produciu a irrupción dos [[xermanos]] no Imperio. Esta concepción continuísta defende a pervivencia ata época carolinxia -malia as invasións e violencias- das estruturas político-económicas fundamentais e da concepción do poder do mundo tardorromano. Xa suxerida polo sobranceiro historiador [[Bélxica|belga]] [[Henri Pirenne]], esta corrente continuísta tería o seu maior expoñente en [[Walter Goffart]], da [[Universidade de Toronto]], ata certo punto en autores como o británico [[Peter Heather]], e no seu caso máis extremo na moi criticada [[Fiscalismo|corrente fiscalista]] do [[Francia|francés]] [[Jean Durliat]]. Un exemplo serían as palabras do profesor [[Gonzalo Fernández Hernández]], da [[Universidade de Zaragoza]]: