Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Liña 29:
En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna a un afamado cruzado [[Borgoña|borgoñón]], Henrique de Chalón ou Borgoña, que combatera nas filas do rei [[Afonso VI]] en diferentes campañas militares. A pesares da diferencia de idade -Tareixa contaba tan só con trece anos mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o río Miño e o Vouga, e que a partires do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén ao condado de Coimbra.
 
== Relación con Fernán Peres de Trava e Urraca ==
 
Atacada polas forzas da súa media-irmá, a raíña [[Urraca de León e Castela]], retrocederon as terras de Tereixa desde a marxe esquerda do [[río Miño]], derrotadas e dispersas, ata que a propia Tereixa refuxiouse no [[Castelo de Lanhoso]], onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca ([[1121]]). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o [[Tratado de Lanhoso]], polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.
 
== Conflictos co seu fillo Afonso ==
A súa alianza e conexión co galego [[Fernando Pérez de Traba|Fernando Pérez]], [[Casa de Traba|conde de Traba]], puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Enriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na [[batalla de San Mamede]] en [[1128]].