Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Historia en progreso}}
{{enuso}}
 
{{Realeza
Liña 24 ⟶ 25:
 
Filla ilexítima do rei [[Afonso VI de León e Castela]], foi dada en casamento no ano [[1093]], con [[Enrique de Borgoña]], traendo consigo o señorío do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]]. De Enrique tivo varios fillos, pero só [[Afonso I de Portugal|Afonso Enriques]] sobreviviu á infancia. Logo da morte de Enrique en [[1112]], Tereixa gobernou o condado tras a minoría do seu fillo.
 
== Casamento e goberno do condado de Portugal==
Tareixa era filla do rei [[Afonso VI]] e da aristócrata [[Bierzo|berciana]] [[Ximena Muñiz]], filla esta do conde Nuno Muñiz do Bierzo. Foi nesta casa condal berciana, onde Tareixa pasou a maior parte da súa infacia xunto coa súa irmá Xeloria (Elvira).
 
En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna a un afamado cruzado [[Borgoña|borgoñón]], Henrique de Chalón ou Borgoña, que combatera nas filas do rei [[Afonso VI]] en diferentes campañas militares. A pesares da diferencia de idade -Tareixa contaba tan só con trece anos mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o río Miño e o Vouga, e que a partires do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén ao condado de Coimbra.
 
== Relación con Fernán Peres de Trava ==
 
Atacada polas forzas da súa media-irmá, a raíña [[Urraca de León e Castela]], retrocederon as terras de Tereixa desde a marxe esquerda do [[río Miño]], derrotadas e dispersas, ata que a propia Tereixa refuxiouse no [[Castelo de Lanhoso]], onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca ([[1121]]). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o [[Tratado de Lanhoso]], polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.