Igrexa ortodoxa copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 22:
No [[381]], [[Timoteo I de Alexandría]] presidiu o segundo [[concilio]] [[ecuménico]], o [[Concilio de Constantinopla]], que completou o Credo de Nicea reafirmando a divindade do [[Espírito Santo]]. Neste concilio, a primacía de honor pasaba á Igrexa de Constantinopla, decisión que suscitou a indignación dos alexandrinos.
 
===O [[Concilio de Éfeso]]===
No [[século V]] xurdiu outra disputa teolóxica, neste caso sobre os ensinamentos de [[Néstor]], Patriarca de [[Constantinopla]] que ensinaba que Deus non estaba unido [[hipostaticamente]] coa súa natureza humana, senón que habitaba no home [[Xesús Cristo]]. En secuencia, denegáballe o título de "Nai de Deus" (''Theotokos'') á [[Virxe María]], considerándoa simplemente "Nai de Cristo" (''Christotokos''). Ao chegar ao coñecemento do Patriarca da Santa Sé de San Marcos, este solicitoulle a Néstor que renegase. Como non o fixo, o [[Sínodo]] de Alexandría reuniuse e o Papa [[Cirilo I de Alexandría]], envioulle unha carta que contiña o que sería o artigo máis famoso da Ortodoxia Alexandrina, "Os Doce [[Anatema]]s de [[San Cirilo]]". Neles, excomungábase aos nestorianos.