Iguanodonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Игуанодонт; cambios estética
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
== Características ==
[[Ficheiro:Iguanodon.png|thumb|left|Estrutura ósea dun iguanodonte, 1890.]]
O iguanodonte tiña un tamaño considerable: 10 [[metro]]s de lonxitude e 5 de altura. O seu peso era tamén moi grande por termo medio, ata 4.,5 [[tonelada]]s, o que o obrigaba a desprazarse normalmente a catro patas. Movíase con moita soltura a dúas patas, pois a súa [[columna vertebral]] podía sosterse horizontalmente, achegando os [[brazo]]s ó chan. A [[cola]] tamén estaba en posición horizontal afastada do [[corpo]] e por riba do chan. Os seus brazos eran longos e os seus [[dedo]]s dobrábanse cara a atrás para soster o corpo ó camiñar en catro patas. Para se manter erguido axudábase coa súa robusta cola.
 
Normalmente optaba pola fuxida cando as mandas eran hostigadas por [[depredador]], alcanzando velocidades próximas aos 35 Km/h. Cando era necesario recorría ó ataque, para o cal utilizaba un longo esporón que tiña no polgar das extremidades dianteiras, que medía 19 [[centímetros]]. As súas defensas fóronse desenvolvendo pouco a pouco. Ao principio, o polgar non podía tocar os outros dedos da [[man]] e mantíñase inclinado cara ao lado. Pero logo o estremo modificouse e converteuse nunha espiña cónica prolongada que utilizaba como arma.