Economía dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
desambig/ Orlando
Liña 256:
Estados Unidos é o terceiro país máis visitado por turistas estranxeiros. Só está detrás de [[España]] e [[Francia]]. Cerca de 75 millóns de turistas estranxeiros visitan o país anualmente. Destes 75, 8 millóns veñen do Canadá e 7 millóns veñen do [[México]]. Os gastos realizados por turistas canadenses no Estados Unidos son de aproximadamente 6,2 billóns de dólares, e os gastos realizados por turistas mexicanos, de 5 billóns. Outros turistas internacionais veñen da [[Europa]], [[Xapón]], [[Caribe]], [[China]], [[Brasil]] e [[Arxentina]]. Os turistas internacionais, excluíndo canadenses e mexicanos, suman 65 millóns.
 
Cerca de 350 áreas nos Estados Unidos son [[parque]]s nacionais ou sitios históricos. Estes sitios son administrados polo ''National Park Service''. Estes parques e sitios atenderon a uns 287 millóns de turistas -domésticos ou estranxeiros-. Algúns pólos turísticos americanos inclúen [[Nova York]], [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], [[Miami]], [[Orlando, Florida|Orlando]], [[San Francisco]], [[Honolulú]], [[Filadelfia]] e [[Chicago]].
 
===Finanzas===
Liña 270:
O Estados Unidos posúen unha extensiva rede [[autovía|de autovías]], de [[ferrocarril|ferrocarrís]] e de [[hidroavión|hidroavións]]. De feito, a quilometraxe destas redes son as maiores do mundo nas súas respectivas categoría. Existen uns 75 mil quilómetros de autovías e vías rápidas de alta capacidade. Para cada 100 habitantes, existen preto de 75 automóbiles. Canto aos transportes, os camións transportan cerca dun cuarto de toda a carga transportada no país.
 
Os [[trens]] transportan preto do 35% de toda a carga transportada no país, e en cambio só levan o 1% dos pasaxeiros. O contrario acontece coas [[liña aérea|liñas aéreas]] americanas, que transportan o 18% dos pasaxeiros, pero menos do 1% da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é o maior do mundo. [[Chicago]], [[Atlanta]], [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], [[Dallas]], [[Nova York]], [[San Francisco]] e [[Orlando, Florida|Orlando]] destacan como grandes [[aeroporto|centros de aeroportos]].
 
Cerca do 15% de toda a carga transportada no país é transportada con hidroavións a través de [[río]]s e [[lago]]s, alén de [[mar]]es e [[océano]]s. [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], [[Nova York]], [[Filadelfia]], [[San Francisco]], [[New Orleans]], [[Miami]] e [[Houston]] destacan como grandes [[porto (transporte)|centros portuarios]]. O porto con máis tránsito do país por número de navíos atendido é o de Nova Orleans, mentres o porto con máis tránsito segundo tonelaxe de carga é o dos Ánxeles.